Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Ciencia

Unha carabela galega chegou a Australia 200 anos antes que o capitán inglés Cook

Correo-e Imprimir PDF

Buenafuente faise eco da nova no seu monólogo en La SextaUn estudo atopa hórreos galegos en Australia e Nova Zelandia.

GCiencia fíxose eco do estudo do historiador Robert Langdom de 1975, e a repercusión do artigo foi motivo do monólogo de entrada do programa televisivo de Andreu Buenafuente na Sexta.

Alerta laranxa por refachos de vento

Correo-e Imprimir PDF

Mapa MeteoGaliciaGalicia continuará na influencia da profunda borrasca situada sobre as Illas Británicas. Teremos polo tanto o mar moi alterado, con ondas que pola tarde superarán os 8 metros de altura e neve por riba dos 1000 metros no interior. Mantense a alerta laranxa de vento para hoxe e vermella no mar para mañá.

Pese a non contar con valoración sobre os danos provocados por esta cicloxénese explosiva ao seu paso polo Val Miñor,  internet publica a estas horas as fotografías de numerosos veciños dando conta dos importantes estragos na cidade Olívica. 

Árbores caidas sobre coches aparcados na rúa, e sinalizacións ciscadas nas principais arterias de entrada á cidade.

 

A web do IEM presenta os resultados da recollida de topónimos na parroquia de Borreiros.

Correo-e Imprimir PDF

blog-borreiros-Unha nova cartografía da parroquia de Borreiros con máis de 600 topónimos históricos recuperados xa pode ser consultada na web do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM).
Desde esta madrugada do martes 3 de decembro poden consultarse os máis de 600 topónimos históricos que foron recollidos na parroquia de Borreiros do concello de Gondomar polo técnico de campo Anxo Rodríguez Lemos (IEM). Presentado o pasado 30 de novembro ante os veciños no centro cultural da parroquia, este traballo atopase aloxado na web do IEM coa intención de facilitar a consulta ou descarga do traballo.

As últimas investigacións do IEM nos xacementos paleolíticos serán presentadas no Museo de Pontevedra.

Correo-e Imprimir PDF

iem arboAs máis recentes investigacións sobre a  Prehistoria de Galicia serán expostas noXII  Memorial Filgueira Valverde, que se celebrará no Museo de Pontevedra os días 5, 6 e 7 de novembro. Nesta edición se analizarán tres fitos particularmente significativos na investigación dese período, os xacementos de O Cabrón, en Arbo, de Porto Maior, nas Neves e de Cova de Eirós, en Triacastela, en Lugo.

Avespas asasinas causan 42 mortos en China nas últimas semanas.

Correo-e Imprimir PDF

Bombeiros chineses queimando enxambres de avespas asasinas - Foto ReutersVarios enxames de avespas asasinas foron responsables da morte de 42 persoas nas últimas semanas, segundo a axencia estatal de noticias chinesa. As autoridades sinalaron tamén un total de 1.600 feridos.

Este tipo de avespas está a proliferar por Europa e supoñen unha ameaza para as colinias de abellas de mel europea. Os insectos poden chegar a cinco centímetros e a picaduras poden causar reaccións alérxicas e conducir a insuficiencia multiorgánica con resultado de morte.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL