Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Ciencia

Entrevista a César Ayres, o científico galego que investiga o “ébola dos anfibios”

Correo-e Imprimir PDF

Ayres C"Galicia non reacciona axeitadamente aos problemas ecolóxicos", advirte o herpetólogo César Ayres, o galego que integrou o equipo británico-español que está a estudar os patóxenos "ranavirus" que afectan á península ibérica.

Este científico galego foi quen achegou as primeiras mostras ao Museo Nacional de Ciencias Naturales (MNCN-CSIC) en 2010 e dende entón, encárgase de xeito voluntario e altruista, de seguir periodicamente a evolución do patóxeno no encoro pontevedrés de Pontillón de Castro.

Ratifica que estes virus están a extinguir poboacións enteiras de anfibios. Sen embargo, salienta que Galicia non conta aínda con protocolos nin medidas de prevención por parte da Xunta, a pesar de que a administración coñece da súa existencia dende 2010.

Os virus que están a exintiguir poboacións enteiras de anfibios xa están ás portas das turbeiras do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

anfibiosDous virus detectados no norte de España están a causar a morte masiva de varias especies de anfibios, algúns deles catalogados como ameazados e a piques da extinción.

O problema detectado no ano 2005 no Parque Nacional de Picos de Europa acaba de ser localizado por un grupo de investigadores españois e británicos no Encoro de Pontillón de Castro, en Pontevedra, segundo da conta este venres o portal científico Materia

VIDEO | Ovos de raia. Queres ver como nace unha raia?

Correo-e Imprimir PDF

Ovos de raia e de melgacho | Imaxe EEI Gloria FuertesSeguramente nun deses paseos pola praia de Lourido, Panxón, ou Ladeira, topaches na area con restos destes ovos parecidos a unha vacaloura.

Realmente son os restos dos ovos das raias ou mesmo de quenllas ou tiburóns, xa que comparten parentesco con estes últimos.

VIDEO | Cadea de tornados onte fronte as costas de Oia

Correo-e Imprimir PDF

Cadea de tornados en Oia |  Imaxe vídeo Lila Pérez GilOia rexistra unha cadea de tornados fronte as súas costas un fenómeno natural que estase a converter en habitual nos últimos anos e que xa ten alcanzado á costa causando destrozos.

“Prohibido non tocar”: un museo científico interactivo abre as súas portas no Hotel Miramar.

Correo-e Imprimir PDF

vista-xeral

Todas as persoas que se acheguen esta fin de semana polo salóns do Hotel Miramar terán a posibilidade de participar dunha experiencia moi singular. Espallados entre os brancos manteis do salón de banquetes, máis de 70 pezas e aparellos científicos convidarán a achegarse ao mundo da ciencia e a tecnoloxía. A mostra, organizada polos enxeñeiros María José Gil e mais Jesús Fernández Alonso, converterá así  a este senlleiro edificio do Lourido nun verdadeiro gabinete das marabillas, que atrapará a curiosidade de grandes e pequenos. Baixo o lema “prohibido non tocar”, os obxectos poderán ser manipulados,  “porque a proposta é achegar a ciencia en movemento”, sinalan os fornecedores.  Con entrada gratuíta, a mostra estará aberta ao público os días venres, sábado e domingo de 10 a 14 horas nas mañás, e de 16 a 20 horas pola tarde. 

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL