Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Ciencia

O IEM organiza o ciclo informativo “Invasoras silenciosas. Novas pragas no Val Miñor”.

Correo-e Imprimir PDF

invasoras-cartel

Unha serie de especies invasoras (animais, plantas e outros organismos), xeralmente transportados e introducidos polo ser humano fóra das súas áreas naturais están establecidas e dispersas na nosa bisbarra con efectos negativos en diversos ecosistemas. A partir deste xoves 26 de febreiro ás 20:30 horas, dará comezo un ciclo informativo na Aula de Cultura Ponte de Rosas, a cargo de especialistas na investigación e control de catro ameazas instaladas no Val Miñor: O carrizo da Pampa, o picudo vermello das palmeiras, a avespa asiática (velutina) e unha serie de enfermidades infecciosas que afectan á poboación anfibia.

Biólogos do CEMMA presentarán documental e investigación sobre a caza da balea no IEM.

Correo-e Imprimir PDF

cangas-sube-2GALICIA NO LOMBO DA BALEA, baixo este título a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños-CEMMA, desenvolveu un proxecto que trataba de recoller e amosar a historia da caza da balea e a importancia que esta actividade tivo para o país. Este proxecto está apoiado economicamente polo Grupo de Acción Costeira 7, Ría de Vigo A Guarda, e consiste na recompilación de documentación sobre a caza da balea en Galicia. Esta segunda edición do proxecto ten como resultado a edición dun vídeo e dunha revista que serán presentados no IEM o vindeiro xoves 19 de febreiro ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº10 baixo). Intervirán os biólogos Alfredo López Fernánedez  e José Antonio Martínez Cedeira

VIDEO | Un grupo de bañistas conseguen liberar do ventre dunha quenlla morta tres crías.

Correo-e Imprimir PDF

quenlla-mortaCamiñando por unha das praias de Cidade do Cabo, Sudáfrica, un grupo de turistas notou que algo se movía no ventre dunha quenlla que xacía morta na beira. Un deles suxeriu que podería tratarse dunha femia preñada e para comprobalo practicoulle unha "especie de cesárea".

“Wandereres”, a curta que recrea a colonización do espazo coa voz de Carl Sagan causa sensación na rede.

Correo-e Imprimir PDF

wanderers-6Vexa o vídeo. Coa voz de Carl Sagan, pódese gozar dunha curta de catro minutos onde se constrúen representacións realistas de planetas e lúas do Sistema Solar coa presenza humana instalado neles.

O picudo das palmeiras e o Galaicus Recicladorus

Correo-e Imprimir PDF

DSCF0287

Hai unha especie de palmeira  que está nos nosos xardíns e parques públicos dende hai moitos anos. Foi plantada polos indianos nos xardíns  das casas que construíron e, pouco a pouco, por imitación, tamén polos concellos e a poboación en xeral, que vían nesta árbore un sinal de distinción. Chegouse a tal punto que moita xente plantounas en macetas e en xardineiras, mesmo nos balcóns e en terrazas das que,  co paso do tempo e ao ir medrando, xa non puideron saír se non era troceadas e con un grande custo material e económico. As árbores medran e si non son plantadas nun sitio axeitado e respectando as distancias vitais que cada especie necesita no seu desenrolo, ocorre que o que era motivo de ornato e de pracer visual, trócase nun estorbo e nun problema ao que lle hai que pór remedio.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL