Domingo, 15 Dec. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Ciencia Apicultores galegos divulgan informe que alerta da drástica diminución da poboación de abellas silvestres .

Apicultores galegos divulgan informe que alerta da drástica diminución da poboación de abellas silvestres .

Correo-e Imprimir PDF
bees 6-11

Recentemente Greenpeace publicou un novo informe sobre a importancia das abellas: "Plan Abellas. Vivir sen praguicidas. O cambio cara á agricultura ecolóxica". O informe amosa varias alternativas fronte ó modelo predominante de agricultura que está na base da ameaza. Nese senso a Asociación Galega de Apicultura (AGA), posiciónase a prol dun modelo de agricultura ecolóxica, declaración que acompaña a publicación do devandito informe na súa web.


Este estudio vai acompañado de testemuñas que dende case todos os recunchos de Europa explican a importancia das abellas e outros polinizadores e como se poden protexer. "Son historias con éxito que debemos multiplicar", sinalan dende AGA.
Engaden que as investigacións, "xunto coas prácticas existentes da agricultura ecolóxica, confirman que non necesitamos praguicidas para tratar as pragas que viven nos cultivos que queremos producir". Dende o colectivo animan a difundir o informe de Greenpeace e a petición para salvar as abellas e á agricultura
Descargar informe.