Luns, 14 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Ciencia VIDEO | Cadea de tornados onte fronte as costas de Oia

VIDEO | Cadea de tornados onte fronte as costas de Oia

Correo-e Imprimir PDF
Cadea de tornados en Oia |  Imaxe vídeo Lila Pérez Gil

Oia rexistra unha cadea de tornados fronte as súas costas un fenómeno natural que estase a converter en habitual nos últimos anos e que xa ten alcanzado á costa causando destrozos.

 

Varios testigos capturaron onte o momento no que se producia este fenómeno metereolóxicos entre ás 19:30 e as 20:15h da tarde situados a unha distancia de apenas cincocentos metros da liña de costa.

Os tornados apenas duraban uns minutos, e formábanse e desfacíanse de xeito continuado.

Por qué se producen os tornados

Os tornados fan as delicias dos televisivos "caza treboadas", pero os tornados son máis perigosos e voraces que os furacáns.

As velocidades no seu interior poden chegar aos 500 km/h. Son vórtices verticais que viran a moi alta velocidade con aire ascendente e descendente. Fórmanse cando hai cizalla vertical do vento horizontal na atmosfera, como cando facemos un rodete de barro ou de area.

Ese rodete horizontal vaise pondo vertical e necesita aire con alta humidade relativa, abaixo, e aire moi frío en altura. Como a velocidade interior é alta, a presión interior é baixa, e o vórtice estréitase.

Ao estreitarse, como unha patinadora cando pecha os brazos, debe aumentar a velocidade de rotación. O fenómeno é de realimentación positiva e se amplifica ata que o vórtice deixa de succionar humidade, a súa fonte de enerxía, e o tornado desfaise.

Vídeo de Lila Perez Gil