Xoves, 21 Nov. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Ciencia Alerta laranxa por refachos de vento

Alerta laranxa por refachos de vento

Correo-e Imprimir PDF
Mapa MeteoGalicia

Galicia continuará na influencia da profunda borrasca situada sobre as Illas Británicas. Teremos polo tanto o mar moi alterado, con ondas que pola tarde superarán os 8 metros de altura e neve por riba dos 1000 metros no interior. Mantense a alerta laranxa de vento para hoxe e vermella no mar para mañá.

Pese a non contar con valoración sobre os danos provocados por esta cicloxénese explosiva ao seu paso polo Val Miñor,  internet publica a estas horas as fotografías de numerosos veciños dando conta dos importantes estragos na cidade Olívica. 

Árbores caidas sobre coches aparcados na rúa, e sinalizacións ciscadas nas principais arterias de entrada á cidade.