Domingo, 17 Nov. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Ciencia A web do IEM presenta os resultados da recollida de topónimos na parroquia de Borreiros.

A web do IEM presenta os resultados da recollida de topónimos na parroquia de Borreiros.

Correo-e Imprimir PDF
blog-borreiros

-Unha nova cartografía da parroquia de Borreiros con máis de 600 topónimos históricos recuperados xa pode ser consultada na web do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM).
Desde esta madrugada do martes 3 de decembro poden consultarse os máis de 600 topónimos históricos que foron recollidos na parroquia de Borreiros do concello de Gondomar polo técnico de campo Anxo Rodríguez Lemos (IEM). Presentado o pasado 30 de novembro ante os veciños no centro cultural da parroquia, este traballo atopase aloxado na web do IEM coa intención de facilitar a consulta ou descarga do traballo.

Visita guiada pola toponimia de Borreiros

A páxina de inicio permite descargar carpetas con arquivos KML e KMZ cos topónimos xeoreferenciados para que as persoas interesadas podan construír mapas en distintas plataformas dixitais. Tamén un caderno de campo con vídeos, fotografías e textos relativos á recollida.
A sección Topónimos permite ver directamente un mapa da parroquia de Borreiros cos nomes dos lugares atopados na recollida, construído coa versión Google Maps Engine LITE. Pescudando na táboa que inclúe esta versión pódese atopar ligazóns a textos e vídeos referentes a algúns topónimos.
A sección Informantes, ofrece unha listaxe das persoas que colaboraron como tal durante a recollida, así como os arquivos e institucións onde foi consultada a documentación histórica para o traballo.
Por último a sección Documentación, permite a descarga da transcrición do Libro do Real de Leigos e o Interrogatorio Xeral do Catastro do Marqués de la Ensenada, en ambos os dous casos na información completa que refire á parroquia de San Martiño de Borreiros.
En próximos días esta información tamén será posible de consultar na web oficial do Concello de Gondomar.