Luns, 19 Aug. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Ciencia As últimas investigacións do IEM nos xacementos paleolíticos serán presentadas no Museo de Pontevedra.

As últimas investigacións do IEM nos xacementos paleolíticos serán presentadas no Museo de Pontevedra.

Correo-e Imprimir PDF
iem arbo

As máis recentes investigacións sobre a  Prehistoria de Galicia serán expostas noXII  Memorial Filgueira Valverde, que se celebrará no Museo de Pontevedra os días 5, 6 e 7 de novembro. Nesta edición se analizarán tres fitos particularmente significativos na investigación dese período, os xacementos de O Cabrón, en Arbo, de Porto Maior, nas Neves e de Cova de Eirós, en Triacastela, en Lugo.

Últimas investigacións do Instituto de Estudos Miñoranos nos xacementos paleolíticos.

O martes 5 de novembro o arqueólogo Eduardo Méndez Quintas (IEM) presentará un informe sobre os xacementos de O Cabrón (Arbo, Pontevedra) ePorto Maior (As Neves, Pontevedra), subministradores de información esencial sobre a natureza dos primeiros poboadores de Galicia, a súa antigüidade, no caso de Porto Maior, con ferramentas de tipo achelense,  que podería aproximarse ao medio millón de anos.

A Cova de Eirós

O mércores 6 de novembro, Ramón Fábregas Valcarce (USC)  presentará  os traballos na Cova Eirós (Triacastela, Lugo), cuxas pinturas e gravados, datables no Paleolítico superior (entre o Graveto-Solutrense e o Magdaleniense, hai, pois, entre 25.000 e 10.000 anos), se ofrecen actualmente como os primeiros testemuños da arte parietal do noroeste peninsular .

Arte Neolítica en espazos funerarios

O xoves 7 de novembro, Fernando Carrera  Ramírez, director da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, tratará o tema "Arte na época  neolítica. Expresións en espazos funerarios".

Participación e horarios

Todas as conferencias darán comezo ás 20 horas e a entrada ás mesmas é libre. Este memorial busca inserirse "nas novidades que ofrece o discurso expositivo do recentemente inaugurado edificio sarmiento do Museo. O seu inauguración permitiu dar a coñecer un conxunto excepcional de obras e materiais arqueolóxicos exhumados en décadas e ata séculos".