A “avespa asasina” localizada en Santa Cristina da Ramallosa

Imprimir
Vespa velutina nigrithorax MHNT dos
Diferencias vespa velutina e cabro
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Membros da Comunidade de Montes Santa Cristina de Sabarís alertan da presenza dun tipo de avespa asiática invasora e depredadora das abellas productoras de mel.

Fan un chamamento para localizar os niños no Val Miñor, desta especie invasora, dada a súa voracidade e capacidade reproductiva.

 

O técnico forestal, Iago Pereira, foi quen deu a voz de aviso estes días, logo de sinalar que o pasado sábado localizaran a presenza desta clase de avespa na zona do Sopegal. Partindo do antecedente do ano pasado no que atoparon outra colonia na Ponte Nova, o problema pode ter outro cariz se non se lle pon remedio a tempo tal e como aconteceu coa praga de escaraballo vemerllo en Gondomar.

A vespa velutina.

Non se trata dun novo modelo do afamado ciclomotor italiano. A vespa velutina, coñecida comunmente como "avespa asasina" é un tipo de avespa orixinaria de Asia, e a diferencia das avespas comúns da zona, esta avespa é carnívora e depredadora da abella europea productora de mel (apis mellifera). A súa voracidade vai máis aló xa que unha vez dentro das colmeas devoran as crías das abellas e en moitos casos a toda a colonia. Ao seren unha especie non autótona as abellas locais non saben defenderse dos seus ataques.

De cada enxame de vespa velutina fórmanse de entre 6 a 10 enxames novos ao seguinte. Polo que é fundamental a súa localización para poder destruir a colonia.  Os niños soen aparece en árbores altos e preto de zonas con auga, normalmente os cauces dos ríos.

Cómo diferenciar a vespa velutina da vespa crabo.

A vespa crabo "avespa xigante", é a que coñecemos comunmente na zona e resulta inofensiva pese ao seu tamaño. Diferénciase da "avespa asasina" en que ten un abdome negro e amarelo, ao contrario que a velutina que o ten de cor negro ou marrón cunha franxa amarela.

Outro punto que a diferencia é a cor das patas, que no caso da velutina presenta unha cor amarela nos seus extremos.

A vespa velutina  pode acadar un tamaño de 40mm, tres veces o tamaño dunha abella europea. 

Falta de interese por parte da Consellería da Xunta.

Pereira sinala que a responsabilidade recae directamente na oficina agraria da Consellería que tería que ser a encargada de recoller os avisos das localizacións desta especie invasora, per logo da falta de interese demostrada o ano pasado, considera máis productivo a chamada a un apicultor experto da zona. As persoas que localicen este tipo de avespa, poden chamar ao teléfono 620822229 (Moncho) apicultor experto. A finalidade é localizar as colonias na zona e impedir a súa propagación.