Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Ciencia O ‘fracking’ terá que someterse a control “ambiental”

O ‘fracking’ terá que someterse a control “ambiental”

Correo-e Imprimir PDF
Proxecto de fracking en Estados Unidos - USEA

O Goberno de Mariano Rajoy ordena someter os proxectos para extraer gas non convencional ao procedemento de Avaliación de Impacto Ambiental.

Un dos autores do informe, no entanto, era Fernando Pendás, conselleiro e accionista de Vancast Exploración, unha empresa con proxectos de fracking , segundo desvelou o diario online Vozpópuli.

A polémica extracción de gas de esquisto mediante fractura hidráulica ou "fracking" será vixiada polas autoridades e sometida a control “ambiental” para evitar efectos prexudiciais na saúde dos cidadáns ou no medio ambiente. O Consello de Ministros decidiu o pasado día 15 de marzo “co obxecto de avaliar os impactos sobre o medio ambiente” destes proxectos, incluír “a obrigación de sometelos ao procedemento de Avaliación de Impacto Ambiental”.

A diferenza do gas convencional, que se atopa almacenado en bolsas subterráneas, o gas de esquisto aparece infiltrado en materiais arcillosos a máis de 2.000 metros de profundidade. Para extraelo, as compañías gasísticas deben perforar un pozo con forma de L e inocular nel un cóctel de sustancias químicas e até 30 millóns de litros de auga. En Pavillion, un pequeno poboado de dous centenares de habitantes do estado de Wyoming, a Axencia de Protección Ambiental de EEUU detectou indicios de contaminación de augas subterráneas a causa do "fracking", aínda que de momento non hai probas concluíntes.

En España, en outubro de 2011, o entón lehendakari Patxi López anunciou a existencia no sur de Álava dun xacemento de 180.000 millóns de metros cúbicos de gas de esquisto, suficientes para satisfacer durante cinco anos a demanda española de gas natural. En todo o país hai máis de 100 permisos concedidos para buscar este tipo de gas non convencional.

O anuncio do Consello de Ministros chega catro días despois de que o Consello Superior de Colexios de Enxeñeiros de Minas presentase un informe no que bendicía a técnica do "fracking". Un dos autores do informe, no entanto, era Fernando Pendás, conselleiro e accionista de Vancast Exploración, unha empresa con proxectos de fracking , segundo desvelou o diario online Vozpópuli. A decisión do Goberno de Mariano Rajoy tamén chega un mes despois de que o Colexio Oficial de Geólogos instase aos poderes públicos “a que regulen adecuadamente o emprego destas tecnoloxías para evitar que afecten á saúde humana, os bens e ao medio ambiente, particularmente, aos acuíferos”.

O presidente do Colexio Oficial de Geólogos, Luís Suárez, aplaude a decisión do Executivo, aínda que aínda non puido estudar con detemento os seus detalles. “O fracking é unha técnica moi nova en Europa e a lexislación non deixaba moi claro se debía ser sometida a Avaliación de Impacto Ambiental”, explica.

 O fracking en Galicia

A Xunta de Galicia ten unha "aposta decidida pola procura de xacementos de gas natural non convencional", como desvelou o director xeral de Industria, Enerxía e Minas, nunhas xornadas sobre o desenvolvemento do sector en Galicia a mediados de 2012. E nese obxectivo están tanto as campañas do "Gran Burato", como o tamén chamado shale gas. "Estamos a preparar as bases", avanzaba Tahoces, para indagar posibles xacementos no subsolo galego.

Dim lights Embed Embed this video on your site

Ver programa completo sobre a fractura hidráulica do Escaravajo Verde de RTVE