Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Ciencia As Xemínidas, un espectáculo astronómico para gozar a partir desta madrugada.

As Xemínidas, un espectáculo astronómico para gozar a partir desta madrugada.

Correo-e Imprimir PDF
aarb noite

A pesar de que a fama dentro do mundo das choivas de estrelas adoitana levar ano tras ano as populares Perseidas de mediados de agosto, as Xemínidas son para moitas persoas familiarizadas coa observación astronómica, sen dúbida a mellor choiva do ano. Pero claro está, as noites de inverno xogan na súa contra polo frío, as menores posibilidades de ceos despexados e por que non dicilo, a maior densidade de novas que os medios de comunicación teñen que atender en inverno, o cal provoca que en ocasións as Xemínidas pasen sen pena nin gloria no que ao mediático se refire.

 

É unha choiva cunha alta THZ (Taxa Horaria Cenital) superior aos 100 meteoros por hora no máximo, sempre falando baixo condicións óptimas de observación, e moi peculiar xa que o corpo proxenitor non é un cometa senón o asteroide 3200 Phaeton; aínda que é necesario dicir, que se pensa que este asteroide descuberto en 1983 non é mais que un cometa extinto e que polo tanto as partículas que vemos chocar contra a nosa atmosfera durante as Xemínidas foron liberadas fai varios séculos dende o núcleo dese primitivo cometa.

O radiante, como o propio nome da choiva indica, encontrámolo na constelación de Xéminis que nestas datas comeza a gañar altura sobre o horizonte Leste a partir das 23:00 moi preto da inconfundible constelación de Orión. Isto non significa que para observalas teñamos que fixar a vista en Xéminis, xa que meteoros poderemos observar en case calquera punto da bóveda celeste, o radiante só indícanos que ningún bólido ou meteoro se dirixirá a Xéminis senón que parecerán escaparse desta constelación.

Aínda que están activas e se poden observar algunhas Xemínidas dende a primeira semana de decembro, para este ano 2012 o máximo agárdase para a noite do xoves 13 ao venres 14 a partir das 00:30 Hora Local cunha THZ de 120 meteoros/hora. As Xemínidas destacan por deixar meteoros de velocidade moderada e en moitos casos brillantes chegando mesmo a deixarse ver algúns bólidos que poden resultar moi espectaculares.

Se a meteoroloxía acompaña, recoméndase para observalas afastarse de núcleos urbáns iluminados xa que ademais, este ano a Lúa non molestará por estar en fase nova xusto o día 13.

Como para calquera evento desta natureza, e importante abranguer coa vista a maior superficie posible de bóveda celeste e como non, "armarse" moi ben contra o frío xa que estar de noite no monte, parado e coas temperaturas destas datas recomendan abrigarse sobradamente para gozar do espectáculo.

As Xemínidas: meteoros capturados durante a noite do 14 e 15 de decembro de 2010 cunha cámara de vixiancia. (Autor: Pablo Martínez Alemparte)

Dim lights Embed Embed this video on your site