Venres, 10 Apr. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Ciencia Curso da UMP en Gondomar: "Dende o balado ao clic. A construción das novas sociedades rurais galegas"

Curso da UMP en Gondomar: "Dende o balado ao clic. A construción das novas sociedades rurais galegas"

Correo-e Imprimir PDF
CARTAZ UIMP_IEM

-Están abertas as inscricións para o curso "Dende o badal ao clic. A construción das novas sociedades rurais galegas", organizado polo IEM e a Universidade Internacional Menéndez Pelayo.

 

Novamente a Universidade Internacional Menéndez Pelayo decidiú acoller un dos seus cursos de verán no Val Miñor. Nomeadamente a vila de Gondomar será sede por segunda vez dun dos eventos que congrega a estudantes e universitarios de toda Galicia e doutros puntos da península e o exterior. O Instituto de Estudos Miñoranos, encargado da organización, xa abriu as inscricións que terán un custe de 65 euros. O curso, co título "Dende o badal ao clic. A construción das novas sociedades rurais galegas", desenvolverase do 6 ao 8 de setembro na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, Nº 10, baixo, Gondomar).

As palestras do curso contarán cos mellores especialistas na materia, que brindarán unha visión global da evolución das sociedades rurais nos seus aspectos organizativos, representativos, culturais, demográficos, lingüísticos, ... Como se están modificando os hábitos, os costumes, as formas de vida e, en definitiva, como van mudando os seus valores, dende as formas de poboación antigas ata a complexidade das sociedades modernas.

Ademais haberá visitas guiadas a lugares de interese relacionados coa temática a desenvolver

O aloxamento corre a carga de cadaquén. Existe unha completa rede de hoteis na zona e, incluso, facendo a reserva con antelación suficiente, a Residencia de Tempo Libre de Panxón.

O prezo da matricula xestionada a través do IEM será de 65 euros, polo que os interesados/as en asistir podedes reservar praza dende este momento nos correos: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ,/ Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , no tfno. 986 360 575 ou no 680 644 490 enviando os seguintes datos:

Nome e apelidos:

DNI:

Enderezo postal:

E-mail: Teléfono de contacto:

Estudos:

Para estudantes, a Universidade de Santiago de Compostela e a de Vigo conceden 1 crédito, mentres que a U. da Coruña recoñece 2 créditos. A UIMP recoñece un total de 20 horas

As persoas que teñan interese en participar deberán facer a reserva o antes posible pois o número de prazas é limitado.

Para descargar o programa completo do curso preme aquí.