Xoves, 14 Nov. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Ciencia As Líridas visitan os ceos do Val e achegarán a súa mellor faciana na madrugada do domingo.

As Líridas visitan os ceos do Val e achegarán a súa mellor faciana na madrugada do domingo.

Correo-e Imprimir PDF
Meteor burst

A vindeira madrugada do sábado21 ao domingo 22 de abril os curiosos dos fenómenos astronómicos terán a posibilidade de observar as Líridas. Unha choiva de meteoritos que sen ser das máis activas ten a particularidade de deixar meteoros moi lúcidos, que " duran bastantes segundos na atmosfera ou alcanzan un brillo significativo", segundo datos aportados polo astrónomo Pablo Martínez Alemparte. O radiante, a constelación de Lira, sairá sobre o horizonte Leste cara a as 22:10h do sábado e será a partir desa hora que comezaremos a poder observar meteoros aumentando a actividade conforme achegámonos á hora do máximo, sobre ás 07:30h do domingo.

Recomendacións para observar as Líridas.

"As recomendacións para observalas serán as mesmas que para todas as choivas de meteoros, isto é: buscar un lugar o mais escuro posible, tombarnos e tratar de abarcar coa vista o maior espazo de bóveda celeste que nos sexa posible", indicou Pablo Martínez Alamparte, membro da Agrupación Astronómica Rias Baixas (AARB).

O especialista agregou que para este tipo de observación sempre se debe levar roupa de abrigo " para estar cómodo pois teñamos en conta que se trata dunha actividade estática e de noite; no monte sempre pode refrescar ou ata arrefriar moito. Levar vitualla que podamos agradecer como algunha bebida quente, algo que comer durante a sesión, o que consideremos que nos poida apetecer mentres observamos".

Se o tempo axuda cun ceo despexado, as condicións serán boas para a observación pois este ano coincide cunha lúa case nova.

Unha" choiva moderada".

As Líridas non adoita ser unha choiva moi activa, situada polos científicos dentro da franxa das "moderadas" . O seu período de actividade esténdese entre o 16 e o 26 de abril, sendo o seu máximo o día 22 de dito mes Os datos aportados por Martínez Alamparte falan duns 20 meteoros/hora no momento do máximo e baixo boas condicións de observación, aínda que "Algunhas veces sorprenderon con taxas algo mais altas de entre 50 e 80 meteoros/hora pero non é o mais común", sinala.

De onde veñen?

Os meteoros desta fin de semana proveñen do Cometa Thatcher (C/1861 G1), preto da estrela Vega, na constelación da Lira ou Lyra que a nomea. Canto máis alta está a estrela no ceo maior é a cantidade de estrelas observables. A Terra choca cos residuos polvorientos do cometa a unha velocidade relativa de 49 km/seg (110,000 mph). Os meteoros dun tamaño non maior a un gran de area, chegan á atmosfera terrestre e se desintegran como raias de luz.

O Cometa Thatcher ten un período longo ao redor do Sol de 415 anos e foi descuberto no ano 186.

Dende os gregos a Hollywood. Tres milenios de observación.

A mitoloxía grega conta que despois que as bacantes de Tracia (adoradoras do deus Baco) mataran a Orfeo, botaron a súa lira ao río. Zeus ordenou a unha aguia que a recollera e colocara no ceo como unha constelación. A tradición da cultura Hopi (indoamericana do norte), aseguraba ter o seu orixe na estrela Vega (situada a 25 anos luz da Tera), a segunda máis brillante do hemisferio norte á que chamaban "O ollo de Deus".

A constelación de Lira e especialmente a estrela Vega volveu a ocupar o imaxinario popular logo da estrea da película Contacto (Estados Unidos, 1997), baseada na novela do mesmo título do científico e divulgador Carl Sagan, onde unha intelixencia extraterrestre achegaba unha mensaxe aos terrícolas dende as súa proximidades.