Venres, 10 Apr. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Ciencia As cámaras dos astrónomos das Rías Baixas rexistran aos dous xigantes que dominan o ceo do val.

As cámaras dos astrónomos das Rías Baixas rexistran aos dous xigantes que dominan o ceo do val.

Correo-e Imprimir PDF
xupiter-e-venus

Unha fermosa estampa domina os ceos do val, trátase da aliñación que por estes días presentan os planetas Xúpiter e Venus. Por mor do derroteiro das súas órbitas, atópanse a 3º de distancia aparente (un puño pechado co brazo estendido cobre uns 10º do ceo), e o vindeiro domingo 25 de marzo farán un anaquiño para deixar que a lúa se coloque no medio dos dous "astros errantes", nun espectáculo de tripla aliñación moi poucas veces visto.

 

A maior aproximación produciuse onte, momento no que os astrónomos da Agrupación Astronómica Rías Baixas (AARB), aproveitaron a fotografar o fenómeno situado na constelación de Aries. Trepado no Monte Cepudo, Pablo Martínez Alemparte (AARB), obtivo sobre as dez da noite a fotografía que acompaña esta nota, e que non poderá repetir ata o 2015. Segundo os especialistas, estas conxuncións orbitais se producen cada 13 meses, pero as correspondentes a aos vindeiros anos serán diúrnas.

Para non perder a ocasión hai que mirar cara ao Oeste, e se divisará a media altura os dous astros máis brillantes do ceo nocturno. O máis brillante é Venus, á dereita e máis tenue é Xúpiter. Unha diferenza que non se corresponde co tamaño real dos plantes, pero que se debe á maior proximidade de Venus coa Terra.

De feito o diámetro de Venus é de 12.100 km, mentres que o de Xúpiter ten case 143.000 Km. Pero mentres o xigante planetario atópase a 850 millóns de quilómetros da Terra, Venus está tan só a 120 millóns. Por outra banda, Venus está situado máis próximo do Sol.