Os chineses presentan un enxeñoso coche-scooter.

Imprimir
magic_car

O fabricante automobilístico chinés Geely, presentou na feira Auto Shangai 2011 un novidoso modelo utilitario de catro prazas que esconde un moderno scooter eléctrico de tres rodas na súa parte traseira. Trátase do novo McCar ('Magic Car' abreviado), un coche híbrido que pode xerar electricidade, a cal pode ser transmitida ao scooter. O coche pode desenvolver unha velocidade de 85 km/h e o triciclo achega aos 30 km/h. Segundo Geely, o tempo de recarga para o automóbil é de 20 minutos e para o triciclo de 5 minutos.

Aínda que descoñecida, a empresa chinesa -que adquiriu en 2009 á sueca Volvo- se converteu rapidamente nunha dos principais fabricantes independentes. As noticias internacionais non revelan aínda o prezo aproximado do novo modelo de Geely. Espérase que saia á venda en 2012. Os expertos na feira de Shangai destacaron a posibilidade de adaptarse ás necesidades de persoas con algunha minusvalía física.

Dim lights Embed Embed this video on your site