Coñece “Ello”, a nova rede social que quere desbancar a Facebook.

Imprimir
ello-internet-red-social20140928152202

Ello, a rede social "anti Facebook" vólvese viral aínda en face Beta. Coa frase "Vostede non é un produto", o portal recibe aos internautas. Engade "Ello non vende publicidade. Tampouco vendemos información sobre vostede a terceiras partes", di a compañía. Solo se ingresa por invitación


En cuestión de días, a nova rede social Ello, descrita como o "anti-Facebook" pola súa postura sobre a privacidade e publicidade, se ten convertido na invitación máis cobizada en Internet. Creada no 2013 como una rede social "privada", Ello (www.ello.co) recentemente abriu as súas portas, aínda que unicamente en base a invitación. A mesma pódense solicitar na portada do site. Debido á inicial oferta limitada e a gran demanda, as invitacións se venderon en eBay a prezos de ata 500 dólares (394 euros aproximadamente). Algúns informes sinalan que Ello está a recibir ata 35.000 pedidos por hora como resultado dunha viralización a última semana, segundo a axencia AFP.
Ello parece ter atrapado á xente coa súa mensaxe simple, que apunta ás frustracións dos usuarios de Facebook. "Ello non vende publicidades. Tampouco vendemos información sobre vostede a terceiras partes", afirma a compañía. No seu "manifesto" agrega: "creemos que unha rede social pode ser una ferramenta para o empoderamento. Non unha ferramenta para enganar, coaccionar e manipular, senón un lugar para conectar, crear e celebrar a vida. Vostede non é un produto". Ello sostén que a práctica de recoller e vender información persoal e trazar un mapa das conexións sociais dos seus usuarios para obter un beneficio "é tanto repulsivo como antiético"."Co pretexto de ofrecer un servizo 'gratuíto', os usuarios pagan un alto prezo en publicidade intrusiva e falta de privacidade", sostén a compañía sobre outras redes. Con base en Vermont, Ello foi lanzada por un grupo de artistas e programadores dirixido por Paul Budnitz, cuxa experiencia previa inclúe o deseño de bicicletas e robots. Budnitz di na súa páxina que Ello foi deseñada para ser "simple, fermosa e libre de publicidade".