CPI de Panxón : Unha aplicación móbil permite o seguimento escolar dos alumnos por parte dos pais .

Imprimir
screen568x568
12288969-1387389532134
12288971-1387389532134
screen568x561
  • Anterior
  • 1 of 4
  • Seguinte

O pais e nais dos 195 alumnos do CPI de Panxón poden consultan as cualificacións, as faltas de asistencia ou solicitar unha titoría desde os seus dispositivos móbiles. Desde o ano pasado a Xunta de Galicia colocou a este centro (único na área de Vigo) dentro do programa experiencia da aplicación AbalarMóbil, que permite o seguimento escolar dos estudantes.
As familias que descarguen a aplicación poderán consultar desde o seu dispositivo móbil as cualificacións dos seus fillos, consultar e xustificar as faltas de asistencia, as faltas de conduta, os horarios e as materias, así como os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.


A aplicación está dispoñible para os sistemas operativos IOS, a través da Apple Store e Android, desde a Play Store. AbalarMóbil é a segunda aplicación que a Administración autonómica pon a disposición dos usuarios no espazo 'Xunta', onde se publicarán o resto de aplicacións do sector público galego nos dispositivos móbiles.
A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch , explicou este xoves, no marco dunha visita ao centro que a iniciativa se puxo en marcha coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Salientou que o sistema permite "que as familias dos 195 alumnos e alumnas que ten o CPI de Panxón poden seguir a actividade educativa dos seus fillos dende calquera lugar, dunha forma rápida e cómoda a través dos seus dispositivos móbiles"
A entrada en funcionamento desta ferramenta "é un paso máis na evolución do Proxecto Abalar" puntualizou Bravo Bosh. O CPI de Panxón forma parte deste proxecto dende o curso 2010/2011 e, dende o pasado mes de novembro, conta coa aplicación AbalarMóbil. Informou que a iniciativa "ademais de garantir a dotación e o mantemento da infraestrutura TIC en todos os centros educativos, busca a participación de toda a comunidade educativa, facilitando ao profesorado, as familias e ao resto da comunidade educativa contidos e recursos educativos dixitais no espazo Abalar".


.