Os veciños do Val Miñor agardan un 300% máis que o resto dos galegos, para entrar en quirófano según os datos do SERGAS.
A media de espera de POVISA é de 207 días, fronte aos 95 días de outros hospitais de Vigo e os 66 días de media de Galicia.
Os veciños do Val Miñor agardan un 300% máis que o resto dos galegos, para entrar en quirófano según os datos do SERGAS.
A media de espera de POVISA é de 207 días, fronte aos 95 días de outros hospitais de Vigo e os 66 días de media de Galicia.
A uns días de que sexan públicos os novos datos da situación das quendas en Galicia, o centro concertado POVISA, principal lastre da sanidade galega e hospital de referencia para os enfermos do Val Miñor, despedirá a doce traballadores pese a ter un beneficio de 11 millóns de euros e asinar recentemente un novo convenio co SERGAS por un tope de 75 millóns de euros anuais para os próximos dez anos.
Amnistía Internacional, Centro por los Derechos Económicos y Sociales, Médicos del Mundo e Red Acoge denuncian que o Estado español incumpriu as recomendacións de diversos mecanismos de Nacións Unidas e do Consello de Europa, que pedían a reforma do Real Decreto Lei 16/2012 de 20 de abril, de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións (RDL). Lembran nun comunicado conxunto, que o Estado español ten obrigacións legais en materia do dereito á saúde, tamén con respecto ás persoas migrantes en situación administrativa irregular.
A suposta existencia dun amaño no concurso para a construción do hospital Sons Espases (Baleares) pon en alerta na Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública. Sinalan que diante da confesión de dous empresarios á fiscalía do presunta existencia de irregularidades no concurso para a construción, explotación e mantemento dese hospital mediante a fórmula de financiamento Público Privada (PFI) similar á utilizada para construír o Novo Hospital de Vigo, corresponde esixir "o rescate inmediato da Concesión do Novo Hospital de Vigo", así como a "apertura inmediata dunha investigación sobre as irregularidades denunciadas desde o inicio da concesión e que xustificarían, ao noso entender, o rescate da mesma".
"A sanidade pública galega está en perigo de extinción, ameazada de sufrir un colapso en canto se empecen a pagar os canons polos servizos externalizados e o gasto en farmacia e material siga sen control, a pesar dos copagos". É o presidente de SOS Sanidade Pública, Manuel Martín, quen fai esta advertencia ante o deterioro da sanidade púbica.
-Médicos do Mundo e tres sociedades científicas denuncian que a próxima lei do aborto “vulnera o dereito a decidir” e “atenta contra a igualdade e liberdade das mulleres”.
Ante a posible aprobación en Consello de Ministros do anteproxecto da lei do aborto, Médicos do Mundo e tres sociedades científicas federadas na Sociedade Española de Saúde Pública e Administración Sanitaria (SESPAS) subscriben un comunicado onde manifestan a súa oposición a calquera diminución “da autonomía, os dereitos e a saúde das mulleres”. Sinalan que a modificación en estudo, “é contraria aos compromisos internacionais en materia de dereitos sexuais e reprodutivos”.
Solicitan ao Goberno español, ademais da retirada do texto lexislativo, que garanta o acceso a unha educación afectivo-sexual e que facilite ás mulleres o acceso a métodos anticonceptivos modernos e seguros, incluíndo a anticoncepción de urxencia.
Afirman que de aprobarse a norma, impoñerá unha demora dos tempos que pode afectar negativamente aos prazos recomendables para un aborto seguro. Ase mesmos os médicos asinantes denuncian que incrementará a brecha de desigualdade social e económica, pois as mulleres “con suficientes recursos económicos evitarán ese calvario e buscarán a forma de interromper o seu embarazo fóra do noso país, mentres que as mulleres sen recursos recorrerán a abortos inseguros ou se verán obrigadas a facer fronte a embarazos non desexados”.
A Fundación Menela desenvolverá en Nigrán un programa de educación permanente destinado a persoas adultas con autismo. "Unha cuestión básica e fundamental ao longo de todo o seu ciclo vital", segundo explicou Cipriano Jiménez, director xeral da fundación durante a presentación do proxecto este venres no Salón de Plenos de Nigrán.
Destacouse a posta en marcha de programas estimuladores "para o enriquecemento" das súas habilidades sociais, autonomía persoal e preparación para a realización daquelas tarefas máis adecuadas atendendo ás súas posibilidades, "polo que o proceso educativo non debe acabar en ningún caso nas escolas de educación especial, senón prolongarse ao longo de toda a súa vida", apuntou o director de Menela.
Do venres 13 ao domingo 15 de xuño a Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mamas (ADICAM) celebrará unha convivencia coas súas asociadas na Residencia de Ocio e Tempo Libre de Panxón. O grupo estará formado pro trinta mulleres de Cangas, Vigo e A Coruña que durante a fin de semana desenvolverán unha programación dirixida á información, ocio e tempo libre, no contexto de hábitos saudables a prol de melloras na calidade de vida . A inauguración terá lugar o venres 13 ás 17 horas na residencia coa asistencia da presidenta de ADICAM, Josefa Acuña Graña, A Concelleira dos Servizos Sociais do Concello de Cangas, Dolores Gallego e a Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia Susana López Abella.
O Parador Nacional de Baiona será a sede do V Encontro Global de Parlamentarios de Sanidade que organiza Sanitaria 2000, empresa editora de Redacción Médica. Esta nova edición terá lugar os días 13 e 14 de xuño e reunirá aos deputados da Comisión de Sanidade e Servizos Sociais do Congreso e do Senado; ademais de parlamentarios das distintas comisións de Sanidade e de Saúde das Cortes, Asembleas e Parlamentos autonómicos.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL