Ante o caso Baleares, esixen investigar amaños na concesión do Novo Hospital de Vigo.

Imprimir
novos-hospital-vigo

A suposta existencia dun amaño no concurso para a construción do hospital Sons Espases (Baleares) pon en alerta na Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública. Sinalan que diante da confesión de dous empresarios á fiscalía do presunta existencia de irregularidades no concurso para a construción, explotación e mantemento dese hospital mediante a fórmula de financiamento Público Privada (PFI) similar á utilizada para construír o Novo Hospital de Vigo, corresponde esixir "o rescate inmediato da Concesión do Novo Hospital de Vigo", así como a "apertura inmediata dunha investigación sobre as irregularidades denunciadas desde o inicio da concesión e que xustificarían, ao noso entender, o rescate da mesma".

O caso de Baleares que tomara estado público na xornada do xoves, evidencian para a asociacións os problemas de corrupción e de irregularidades asociadas a este modelo para financiar, construír e xestionar os servizos sanitarios.
Sinalan nun comunicado quen no caso do Novo Hospital de Vigo esta modalidade foi denunciada desde o principio pola Plataforma SOS Sanidade Pública polos sobrecustes que xeran, "polos recortes en persoal, superficie, equipamento, calidade dos materiais e atrasos na entrega do centro". Ao que habería que engadir as "irregularidades no proceso de adxudicación da obra á actual concesionaria como é a desaparición do informe da auditora PWC", polo que a Xunta pagou 200.000 euros. Por si foro pouco, denuncian a existencia de modificacións posteriores na UTE, "xa que mentres algunhas empresas foron rescatadas ou expulsadas por insolvencia outras se sumaron sen que figuraran nos pregos do concurso".
Advirten que coa denuncia da fiscalía de Balear "móstrase que a PFI tamén serve para favorecer a determinadas empresas relacionadas con personaxes da administración instalados nas denominadas portas xiratorias (pasan dos postos de decisión nas administracións sanitarias ás empresas adxudicatarias e viceversa), como quedou suficientemente claro en Vigo".