Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Ciencia e tecnoloxía - Val Miñor

A terapia con cabalos mellora a socialización das persoas con autismo.

Correo-e Imprimir PDF

hipoterapia2A investigadora Sonia Bouzo (U. de Vigo) analizou na súa tese os beneficios da equitación terapéutica.

O estudo que realizou con nenos e adolescentes constatou tamén melloras no seu desenvolvemento motor.

Permiten mellorar a coordinación e o equilibrio, ao tempo que contribúen á normalización do ton muscular, pero tamén axudan a mellorar a comunicación e as capacidades de atención e socialización. Son múltiples os beneficios, tanto no plano físico coma no psicolóxico, que as persoas con autismo poden atopar naquelas terapias que teñen nos cabalos a súa base, como vén de demostrar a investigadora Sonia Bouzo na súa tese de doutoramento. O estudo de caso que realizou cun grupo de cinco nenos a adolescentes diagnosticados de Trastorno do Espectro Autista (TEA), que antes de iniciar a terapia nunca montaran a cabalo, permitiu a esta investigadora comprobar os "moitos beneficios inmediatos" que a equinoterapia supón tanto para o seu desenvolvemento psicomotor, como emocional e comunicativo.

Os centros de saúde do Val Miñor están sen vacinas antitetánicas dende maio

Correo-e Imprimir PDF

Calendario de vacinas oficial do SERGASO predisente da Xunta recoñeceu non saber nada do tema, cando foi consultado polos compañeiros de Galicia Confidencial.

Vm.info tivo costancia do feito a pasada semán, onde fontes sanitarias consultadas recoñeceron que non había existencias de diversas vacinas do calendario oficial do SERGAS como a pentavalente para as crianzas de catro meses e do tétanos para nenos de 6 anos.

O novo hospital de Vigo e o negocio para cargos do PP

Correo-e Imprimir PDF

hospital cunqueiroAs obras do Álvaro Cunqueiro foron encargadas á empresa Acciona, da que foi directora xeral de internacional unha ex alto cargo do PP. Tamén foi contratada unha viceconselleira do Goberno de Madrid. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública estima o custe do hospital en 1.795 millóns, moi lonxe dos 450 millóns que ía custa.

No hospital de Vigo si había aspergillus

Correo-e Imprimir PDF

Conselleira Sanidade FeijooA Xunta retomará o traslado ao Álvaro Cunqueiro o día 21 tras detectar e recoñecer públicamente positivos por Aspergillus no 3% das 300 mostras analizadas. Malia que o único valor de bioseguridade admisible por aspergillus fumigatus nun quirófano é cero ufc (unidades formadoras de colonias)

A confirmación da presenza do fungo, deixa en evidencia á Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, que afirmaba categoricamente que non había aspergillus nas análises. 

Estudo da voz beneficiará tratamentos médicos en depresión, párkinson, alzhéimer e outras doenzas.

Correo-e Imprimir PDF

depresion mullerInvestigadores da Universidade de Vigo están a desenvolver un método para detectar o nivel de depresión dunha persoa a través da súa voz.

Gravan a voz do paciente e este completa un formulario formulario para valorar o nivel do seu estado depresivo. "Repetindo este proceso con certa frecuencia, pódese observar a resposta que o paciente está a ter a un determinado tratamento", explica a investigadora viguesa Paula López, autora dunha tese de doutoramento sobre o tema e membro do Grupo de Tecnoloxías Multimedia (GTM) da Universidade de Vigo.

200mil: “Alguén terá que dar resposta mañá á cidadanía”.

Correo-e Imprimir PDF

mani saude vigoO impresionante rexistro fotográfico compartido nas redes pola CIG era acompañado do reclamo: “Alguén terá que dar resposta mañá  á cidadanía”.

Unha multitude invadiu as rúas viguesas en reclamo dunha sanidade “100% pública”. Duascentas mil segundo a seguridade da manifestación convocada pola CIG e corroborada polos servizos policiais presentes, segundo valorou a VM. Info a mesma fonte. Vigueses e xentes achegadas en vehículos dende todo o país.

“Foi unha resposta contundente contra os recortes e as privatizacións na saúde”, salientaba  María Xosé Rodríguez da mesa de traballadores do novo hospital Álvaro Cunqueiro, en declaracións a este medio cando estaba a acontecer a mobilización .

Unha cámara móbil do equipo de K12 Comunicacións emitiu en directo a mobilización que retransmitiu VM.info

SOS Sanidade Pública chama a toda a poboación a participar na manifestación de hoxe en Vigo

Correo-e Imprimir PDF

conselleira-Sanidade-visita-hospital-VigoA Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia súames ao chamamento da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo e aos colectivos que a integran, ás entidades da área afectadas e á Xunta de Persoal e sumarase a súa convocatoria de manifestación de hoxe dia 3 de setembro ás 8 da tarde en defensa do carácter público do Novo Hospital "Alvaro Cunqueiro" afectado polos recortes e a deficiencias do modelo de financiamento privado.

A AD Vincios cumpre co reto do cubo de auga xeada e nomina a clubs de Pontevedra, A Coruña e Portugal.

Correo-e Imprimir PDF

ad-vincios-augaXogadores, adestradores e directivos da Agrupación Deportiva Vincios de Tenis Mesa recibiron o súa cota de auga xeada, para así cumprir co reto que acompaña os donativos á campaña de apoio á investigación da Esclerosis Lateral Amiotrófica (ELA).

#Gondomar acollerá este martes o reto do cubo de auga xeada en apoio aos enfermos de ELA

Correo-e Imprimir PDF

als-reto-cubo-agua-2014Hoxe as 7.45 da tarde na pista polideportiva do IES Terra de Turonio e organizado pola AD Vincios (equipo de Tenis mesa) farase o reto do cubo de auga xeada como apoio e chamado e atención para que se siga   investigando para atopar a cura da ELA (Esclerosis lateral amiotrófica) e outras enfermidades neuromusculares dexenerativas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL