Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Ciencia e tecnoloxía - Val Miñor

A datación dos restos paleolíticos de Arbo investigados polo IEM poderían chegar aos 500.000 anos.

Correo-e Imprimir PDF

homo heildelbergensisOs arqueólogos miñoranos comezarán a terceira campaña de escavacións que rematará cos estudios de datación nos laboratorios do CENIEH, de Burgos.

Curso da UMP en Gondomar: "Dende o balado ao clic. A construción das novas sociedades rurais galegas"

Correo-e Imprimir PDF

CARTAZ UIMP_IEM-Están abertas as inscricións para o curso "Dende o badal ao clic. A construción das novas sociedades rurais galegas", organizado polo IEM e a Universidade Internacional Menéndez Pelayo.

As Líridas visitan os ceos do Val e achegarán a súa mellor faciana na madrugada do domingo.

Correo-e Imprimir PDF

Meteor burstA vindeira madrugada do sábado21 ao domingo 22 de abril os curiosos dos fenómenos astronómicos terán a posibilidade de observar as Líridas. Unha choiva de meteoritos que sen ser das máis activas ten a particularidade de deixar meteoros moi lúcidos, que " duran bastantes segundos na atmosfera ou alcanzan un brillo significativo", segundo datos aportados polo astrónomo Pablo Martínez Alemparte. O radiante, a constelación de Lira, sairá sobre o horizonte Leste cara a as 22:10h do sábado e será a partir desa hora que comezaremos a poder observar meteoros aumentando a actividade conforme achegámonos á hora do máximo, sobre ás 07:30h do domingo.

Máis de cen futuros técnicos en toponimia rematan a súa formación en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

toponimia-curso-Durante este venres 23 e o vindeiro sábado 24 rematará na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, o I Curso de Formación de Especialistas en Toponimia que formará a máis de cen técnicos de campo.

-Con cento dez persoas matriculadas, o curso desenvolveu as súas anteriores sesións en Vigo (os días 2, 3, 9, e 10 de marzo) e en Pontevedra (23 e 24 de marzo) co obxectivo de formar especialistas na recollida de toponimia, achegarse á metodoloxía e ás ferramentas básicas, aproximarse aos problemas específicos da recollida, coñecer experiencias prácticas e realizar prácticas de campo en distintos concellos.

-Ao remate dos relatorios serán entregados os diplomas acreditativos polo alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, o vicerreitor de Extensión Cultural da Universidade de Vigo, Henrique Costas, o director do IEM, Carlos Méixome e o director do curso Gonzalo Navaza.

As cámaras dos astrónomos das Rías Baixas rexistran aos dous xigantes que dominan o ceo do val.

Correo-e Imprimir PDF

xupiter-e-venusUnha fermosa estampa domina os ceos do val, trátase da aliñación que por estes días presentan os planetas Xúpiter e Venus. Por mor do derroteiro das súas órbitas, atópanse a 3º de distancia aparente (un puño pechado co brazo estendido cobre uns 10º do ceo), e o vindeiro domingo 25 de marzo farán un anaquiño para deixar que a lúa se coloque no medio dos dous "astros errantes", nun espectáculo de tripla aliñación moi poucas veces visto.

Nigrán acollerá no Pazo da Touza un curso sobre "Trastornos da personalidade".

Correo-e Imprimir PDF
Máis de 70 profesionais da psiquiatría participarán do curso no Pazo da Touza.

Unha actualizacións sobre os estudos das patoloxías derivadas do trastorno severo da personalidade congregará a máis de 70 profesionais da psiquiatría en Nigrán. Os mesmos recibirán un curso que afondará no chamado "trastorno límite" ou síndrome do "establemente inestable". Un trastorno que afecta ao 2% da poboación, segundo o Foro Galego para o Estudo da Personalidade. O encontro baixo o nome "Onde está o límite?, dificultades no diagnóstico co-ocorrencia e tratamento do TP límite", intentará capacitar no tratamento dun problema que segundo a estatísticas médicas leva ao suicidio ao 10% dos pacientes afectados.

Os vixiantes do ceo das Rías Baixas.

Correo-e Imprimir PDF
O cemeta Garrard xunto a M71 no ceo das Rías Baixas. (Astro fotografía de Pablo Martínez Alemparte)

Polas noites, nos cumios do Monte Alba, A Groba ó Galiñeiro non todo é soidade. Dende hai anos, un grupo de homes e mulleres amantes da astronomía trepan ata os devanditos curutos co fin de albiscar as marabillas profundas do Universo que habitamos. Desas andainas de observación quedan rexistros fermosos e abraiantes como a fotografía que acompaña a nota, a pasaxe do cometa Garrard polo ceo galego. Este grupo de afeccionados investigadores integran a Agrupación Astronómica Rías Baixas (AARB), que dende o ano 2000 traballa na observación e divulgación astronómica no sur de Galicia.

Unha noite de estrelas con lúa chea

Correo-e Imprimir PDF

Foto: Isidro Macías en RTVE.esComo cada verán, os nosos ceos reciben unha "choiva" moi particular. As populares Perseidas, tamén coñecidas como "bágoas de San Lorenzo", terán o seu máximo de actividade na noite do venres 12 ao sábado 13 de agosto, cando se esperan da orde de 100 meteoros por hora. Con todo, a maior parte destes meteoros non será visible, debido ao brillo da Lúa que estará en fase de Lúa chea.

Para os que non poidan velo, RTVE.es retransmitirá dende a súa web a sinal de video aportada polo Instituto Astrofísico de Canarias.

Estúdase o aproveitamento enerxético das microalgas para biocombustibles e depurar augas.

Correo-e Imprimir PDF
Campos de cultivo de microalgas

O Instituto Enerxético de Galicia (Inega), adscrito a Economía e Industria, desenvolveu o pasado martes 10, na EGAP unha xornada informativa sobre o proxecto europeo EnerBioAlgae no que participa como socio e que se basea no aproveitamento enerxético da biomasa en recursos hídricos degradados ricos en microalgas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL