Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Ciencia e tecnoloxía - Val Miñor

A web do IEM presenta os resultados da recollida de topónimos na parroquia de Borreiros.

Correo-e Imprimir PDF

blog-borreiros-Unha nova cartografía da parroquia de Borreiros con máis de 600 topónimos históricos recuperados xa pode ser consultada na web do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM).
Desde esta madrugada do martes 3 de decembro poden consultarse os máis de 600 topónimos históricos que foron recollidos na parroquia de Borreiros do concello de Gondomar polo técnico de campo Anxo Rodríguez Lemos (IEM). Presentado o pasado 30 de novembro ante os veciños no centro cultural da parroquia, este traballo atopase aloxado na web do IEM coa intención de facilitar a consulta ou descarga do traballo.

As últimas investigacións do IEM nos xacementos paleolíticos serán presentadas no Museo de Pontevedra.

Correo-e Imprimir PDF

iem arboAs máis recentes investigacións sobre a  Prehistoria de Galicia serán expostas noXII  Memorial Filgueira Valverde, que se celebrará no Museo de Pontevedra os días 5, 6 e 7 de novembro. Nesta edición se analizarán tres fitos particularmente significativos na investigación dese período, os xacementos de O Cabrón, en Arbo, de Porto Maior, nas Neves e de Cova de Eirós, en Triacastela, en Lugo.

Avespas asasinas causan 42 mortos en China nas últimas semanas.

Correo-e Imprimir PDF

Bombeiros chineses queimando enxambres de avespas asasinas - Foto ReutersVarios enxames de avespas asasinas foron responsables da morte de 42 persoas nas últimas semanas, segundo a axencia estatal de noticias chinesa. As autoridades sinalaron tamén un total de 1.600 feridos.

Este tipo de avespas está a proliferar por Europa e supoñen unha ameaza para as colinias de abellas de mel europea. Os insectos poden chegar a cinco centímetros e a picaduras poden causar reaccións alérxicas e conducir a insuficiencia multiorgánica con resultado de morte.

A “avespa asasina” localizada en Santa Cristina da Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF

Vespa velutina nigrithorax MHNT dosMembros da Comunidade de Montes Santa Cristina de Sabarís alertan da presenza dun tipo de avespa asiática invasora e depredadora das abellas productoras de mel.

Fan un chamamento para localizar os niños no Val Miñor, desta especie invasora, dada a súa voracidade e capacidade reproductiva.

O perigoso negocio do gas non convencional instálase en Vigo

Correo-e Imprimir PDF

Instalacións de extracción de gas non convencional "fracking"Así se recolle na información publicada onte polo medio colaborador Galicia Confidencial. Trofogás é unha das multinacionais que busca operar canto antes. Xa abriu sucursal en Vigo a través de varias sociedades interpostas. Algunhas desas filiais están baseadas en paraísos fiscais.

O francking comeza a buscar oco en Galicia. Multinacionais que teñen a patente desta técnica de estración de gas buscan socios en todo o Estado. O seu obxectivo é comezar a operar de forma inminente. Unha delas é Trofogas SA. que quere operar en Galicia.

O ‘fracking’ terá que someterse a control “ambiental”

Correo-e Imprimir PDF

Proxecto de fracking en Estados Unidos - USEAO Goberno de Mariano Rajoy ordena someter os proxectos para extraer gas non convencional ao procedemento de Avaliación de Impacto Ambiental.

Un dos autores do informe, no entanto, era Fernando Pendás, conselleiro e accionista de Vancast Exploración, unha empresa con proxectos de fracking , segundo desvelou o diario online Vozpópuli.

A polémica extracción de gas de esquisto mediante fractura hidráulica ou "fracking" será vixiada polas autoridades e sometida a control “ambiental” para evitar efectos prexudiciais na saúde dos cidadáns ou no medio ambiente. O Consello de Ministros decidiu o pasado día 15 de marzo “co obxecto de avaliar os impactos sobre o medio ambiente” destes proxectos, incluír “a obrigación de sometelos ao procedemento de Avaliación de Impacto Ambiental”.

Este venres o Asteroide 2012 DA14 achegarase polos ceos das Rías Baixas.

Correo-e Imprimir PDF

OrbitaComparadaTierra-2012D O vindeiro venres día 15 de febreiro o Asteroide 2012 DA14 pasará moi preto do noso planeta e aínda que os científicos encargados do seu seguimento ao longo de todo un ano descartan por completo a posibilidade de impacto, converterase no corpo celeste destas características descuberto que mais se achegue á Terra dende que existen rexistros, ata o punto de que esa noite, poderase seguir a súa traxectoria polo ceo a través duns prismáticos ou un telescopio modesto.

As Xemínidas, un espectáculo astronómico para gozar a partir desta madrugada.

Correo-e Imprimir PDF

aarb noiteA pesar de que a fama dentro do mundo das choivas de estrelas adoitana levar ano tras ano as populares Perseidas de mediados de agosto, as Xemínidas son para moitas persoas familiarizadas coa observación astronómica, sen dúbida a mellor choiva do ano. Pero claro está, as noites de inverno xogan na súa contra polo frío, as menores posibilidades de ceos despexados e por que non dicilo, a maior densidade de novas que os medios de comunicación teñen que atender en inverno, o cal provoca que en ocasións as Xemínidas pasen sen pena nin gloria no que ao mediático se refire.

O cerebro das persoas maiores, máis proclive ante as estafas e os enganos.

Correo-e Imprimir PDF

Aos anciáns mostráronselles imaxes de xente que transmitía confianza ou deshonestidade. Catalogaron ben ao primeiros pero confundiron as pistas faciais dos segundos. Na imaxe, Carlo Ponzi, o maior estafador da historia de EEUU. / Leslie Jones Collection/Boston Public LibraryQue haxa maior número de persoas de avanzada idade na estafa das preferentes e subordinadas de Nova Galicia Banco ou mesmo que o voto electoral dunha parte do electorado con mayor idade se decante por algúns candidatos/as que atesouran un pasado delictivo, podería ter explicación segundo un estudo realizado por investigadores de EEUU. As persoas maiores miran honestidade en rostros que os demais consideran de pouco fiar, sendo fáciles vítimas de estafas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL