Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Ciencia e tecnoloxía - Val Miñor

VIDEO | Cadea de tornados onte fronte as costas de Oia

Correo-e Imprimir PDF

Cadea de tornados en Oia |  Imaxe vídeo Lila Pérez GilOia rexistra unha cadea de tornados fronte as súas costas un fenómeno natural que estase a converter en habitual nos últimos anos e que xa ten alcanzado á costa causando destrozos.

“Prohibido non tocar”: un museo científico interactivo abre as súas portas no Hotel Miramar.

Correo-e Imprimir PDF

vista-xeral

Todas as persoas que se acheguen esta fin de semana polo salóns do Hotel Miramar terán a posibilidade de participar dunha experiencia moi singular. Espallados entre os brancos manteis do salón de banquetes, máis de 70 pezas e aparellos científicos convidarán a achegarse ao mundo da ciencia e a tecnoloxía. A mostra, organizada polos enxeñeiros María José Gil e mais Jesús Fernández Alonso, converterá así  a este senlleiro edificio do Lourido nun verdadeiro gabinete das marabillas, que atrapará a curiosidade de grandes e pequenos. Baixo o lema “prohibido non tocar”, os obxectos poderán ser manipulados,  “porque a proposta é achegar a ciencia en movemento”, sinalan os fornecedores.  Con entrada gratuíta, a mostra estará aberta ao público os días venres, sábado e domingo de 10 a 14 horas nas mañás, e de 16 a 20 horas pola tarde. 

Ten unha palmeira? Coñeza cales son as súas obrigas no caso de que lle ataque o picudo vermello?

Correo-e Imprimir PDF

Picudo vermello | Imaxe Prodidactic.comA proliferación de palmeiras no Val Miñor como ornamentación privada ou pública é abondosa. Dende xaneiro de 2013 a praga do picudo vermello as está a ameazar, infectar e estragar sen clemencia. Autoridades e espertos recoñecen as dificultades para combater esta praga unha vez que infecta un exemplar. Aínda máis evitar a propagación pola súa capacidade de desprazamento en voo.

A maiores os tratamentos ou erradicacións non son gratuítos, polo que á pegada medio ambiental hai que sumar o peso nos petos dos contribuíntes e nas economías dos propietarios particulares de palmeiras. Mais a “guerra” ao picudo está declarada, e tres consellos básicos se achegan dende todos os axentes implicados na causa: coñecer, detectar e informar.

Os apicultores convocan reunións informativas sobre a avespa asiática

Correo-e Imprimir PDF

Niño de avespa asiátiva en Medialdea - (Foto Belesar Dixital)Convocadas pola Asociación Galega de Apicultura, teñen lugar en Viveiro e Santiago de Compostela.

As avespas asiáticas non só supoñen unha ameaza para as abellas se non que os cultivos de froita tamén estarían ameazados xa que unha vez pasado o verán roen na froita.

Por que a última manipulación de emocións de Facebook prexudica á ciencia (e aos seus usuarios).

Correo-e Imprimir PDF

facebook mordeNos últimos días desatouse unha polémica porque Facebook utilizou a 700.000 persoas para un estudo sobre contaxio de emocións na rede. A controversia por este estudo, que non é novo, podería acabar co equipo científico da empresa e co coñecemento académico das súas investigacións.
Entre o 11 e o 18 de xaneiro de 2012, os muros de case 700.000 usuarios de Facebook foron manipulados: sen previo aviso, reduciuse a probabilidade de que visen publicacións positivas ou negativas realizadas polos seus amigos (de fala inglesa). Como resultado, os usuarios estudados cambiaron a súa conduta: os que viron menos publicacións positivas, usaron palabras máis pesimistas ao cabo dunha semana e viceversa, os que viron menos negatividade nos seus muros foron algo máis positivos. "Publicaron como media unha palabra emocional menos, de cada mil palabras publicadas, ao longo da semana seguinte", explica Adam Kramer, do grupo de científicos de Facebook, que realizou este experimento xunto con investigadores das universidades norteamericanas de Cornell e California en San Francisco.

O lume antropoxénico

Correo-e Imprimir PDF


Juan Antonio Añel, experto en cambio climáticoO investigador en cambio climático Juan Antonio Añel Cabanelas advirte neste artigo de como o home está creando as condicións para que os lumes forestais cada vez sexan máis virulentos.

Juan Antonio Añel Cabanelas é un investigador ourensán que traballa na Universidade de Oxford en investigación climática e valoración de riscos para políticas de adaptación. Tamén é o coordinador científico de Climateprediction.net e traballa no proxecto ExCirEs da Universidade de Vigo.

Científicos do CSIC atopan a guarida do polbo nas illas Cíes.

Correo-e Imprimir PDF

P5240125 2Tras tres anos de investigación, membros dos Departamentos de Ecoloxía e Recursos Naturais do IIM e do IMEDEA localizaron no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (PNIAG) as zonas de posta de polbo e sepia, e logrado o propio para o calamar no Parque Nacional de Cabrera (PNCA).

Unha carabela galega chegou a Australia 200 anos antes que o capitán inglés Cook

Correo-e Imprimir PDF

Buenafuente faise eco da nova no seu monólogo en La SextaUn estudo atopa hórreos galegos en Australia e Nova Zelandia.

GCiencia fíxose eco do estudo do historiador Robert Langdom de 1975, e a repercusión do artigo foi motivo do monólogo de entrada do programa televisivo de Andreu Buenafuente na Sexta.

Alerta laranxa por refachos de vento

Correo-e Imprimir PDF

Mapa MeteoGaliciaGalicia continuará na influencia da profunda borrasca situada sobre as Illas Británicas. Teremos polo tanto o mar moi alterado, con ondas que pola tarde superarán os 8 metros de altura e neve por riba dos 1000 metros no interior. Mantense a alerta laranxa de vento para hoxe e vermella no mar para mañá.

Pese a non contar con valoración sobre os danos provocados por esta cicloxénese explosiva ao seu paso polo Val Miñor,  internet publica a estas horas as fotografías de numerosos veciños dando conta dos importantes estragos na cidade Olívica. 

Árbores caidas sobre coches aparcados na rúa, e sinalizacións ciscadas nas principais arterias de entrada á cidade.

 

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL