Nigrán acollerá no Pazo da Touza un curso sobre "Trastornos da personalidade".

Imprimir
Máis de 70 profesionais da psiquiatría participarán do curso no Pazo da Touza.

Unha actualizacións sobre os estudos das patoloxías derivadas do trastorno severo da personalidade congregará a máis de 70 profesionais da psiquiatría en Nigrán. Os mesmos recibirán un curso que afondará no chamado "trastorno límite" ou síndrome do "establemente inestable". Un trastorno que afecta ao 2% da poboación, segundo o Foro Galego para o Estudo da Personalidade. O encontro baixo o nome "Onde está o límite?, dificultades no diagnóstico co-ocorrencia e tratamento do TP límite", intentará capacitar no tratamento dun problema que segundo a estatísticas médicas leva ao suicidio ao 10% dos pacientes afectados.

Características do tastorno

Segundo os organizadores do curso, o problema está caracterizado pola "fraxilidade emocional e a impulsividade explosiva". A maioría das veces non é completo, sendo o máis frecuente que se sufra en dous ou tres dos seguintes síntomas:

1) Identidade inestable: trastorno do si mesmo, con preguntas tales como: non se quen son, non se como son os outros, non sei a que grupo pertenzo.

2) Ira inapropiada e agresividade explosiva intermitente, fundamentalmente por baixo control de emocións, amplificación dos sinais negativos da contorna. Inestabilidade afectiva, tormentas afectivas con angustia, ira, depresión moi intensas.

3) Impulsividade, imprudencia e risco para si mesmo ou terceiros (condución, consumo de sustancias, sexualidade, gasto, etc.).

4) Autolesiones, chegando a automutilacións e suicidio.

5) Relacións interpersoais intensas pero inestables: idealizan ao outro e queren fusionarse co outro, pero ante a mínima decepción rompen estrepitosamente pero á vez non soportan o abandono polo que actúan aparatosamente para recuperar a atención do outro, provocando maior afastamento do outro.

6) Episodios fugaces de disociación e distorsión cognitiva, chegando a ter momentos de paranoia.

7) Sentimento crónico sen carga: non atopan sentido a nada, abandonan todo o que empezan, sente literalmente baleiros.

O seu cerebro funciona dalgún xeito como o dun adolescente, tendo moita dificultade para controlar impulsos e regular emocións.

Cobertura médica en Galicia.

O tratamento precisa unidades especializadas que non existen en Galicia. Polo contrario en Madrid hai sete e en Cataluña outras tantas. Deste xeito os pacientes entran por urxencias unha media de seis veces ao ano, informan, consumindo recursos e persoal, descompensando o servizo, e saturando as unidades de saúde mental, e volvendo ingresar xeralmente por episodios de descompensación aguda, e volven ser dados de alta, padecendo a síndrome da "porta xiratoria" (entran e saen varias veces ao ano de agudos). O Foro Galego para o Estudo da Personalidade leva desde a súa fundación, no ano 2003, traballando para incorporar as unidades especializadas para o tratamento de trastornos de personalidade dentro do SERGAS.

O curso

O curso correrá a cargo de Vicente Rubio Larrosa, psiquiatra xefe do Servizo de Psiquiatría Nuestra Señora de Gracia (Zaragoza), xefe da Unidade de Tratamento da Personalidade e expresidente da Sociedad Española para el Estudio de los Trastornos de Personalidad. Tamén participarán o psiquiatra Marc Ferrer, psiquiatra coordinador do Programa PAI-TLP “La Caixa”, no Hospital Universitari Vall d´Hebrón e profesor asociado de Psiquiatría na Universidade Autónoma de Barcelona; Cesare Maffei, psiquiatra xefe de Servizo de Psicoloxía Clínica do Instituto Científico del Hospital San Rafaelle (Milán), profesor de Psicoloxía da Universidade co mesmo nome e expresidente da Sociedad Internacional de Trastornos de la Personalidad (ISSPD); Leonelo Forti, psiquiatra e consultor do Hospital Povisa (Vigo) e José M. Olivares, psiquiatra do Servizo de Psiquiatría del CHUVI.

O curso é o quinto consecutivo que organiza o Foro Galego para o Estudo da Personalidade. Nesta ocasión, a primeira vez en Nigrán, contará coa colaboración da Asociación Galega de Psiquiatría, a Sociedad Española para el Estudio de los Trastornos de Personalidad e mais o Concello de Nigrán.