Gondomar recibe a exposición "Lugares-Territorios. Unha dúcia de construcións en madeira" do artista plástico Enrique Conde. A inauguración será o próximo venres 26 de novembro na sala de exposicións Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do Instituto de Estudos Miñoranos. Ás 20:30 horas abrirá a mostra que contará coa presenza do creador. A presentación estará a cargo de Xosé Manoel González Rivera, deseñador gráfico, doutor en Belas Artes e profesor da Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Failde. Finalizada esta o público compartirá uns petiscos co artista convidado.
Axenda do Val Miñor
Maxia, contos e un agasallo literario para 150 nenos de Nigrán.
Espectáculos de maxia e música para o fin de semana en Gondomar.
O Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acolle mañá sábado, día 20, a actuación do “Trío de Ases”, un espectáculo de maxia tradicional a cargo dos ilusionistas Óscar Tosar, Carlos Cerviño e Manuel Solla. O espectáculo, o primeiro da II Mostra de Maxia Concello de Gondomar, dará comezo ás 22.00 horas. O prezo das entradas é de 3.5 euros, e venderanse desde as 21.00 na taquilla do recinto.
Carlos Blanco chega Só co seu monólogo a Gondomar
Carlos Blanco dá a súa visión do Camiño de Santiago no monólogo “Só”, este venres 19 de novembro en Gondomar. O espectáculo enmárcase na programación cultural de outono da Concellería de Cultura do Concello de Gondomar. Será ás 22.00 no Auditorio Municipal Lois Tobío.
A Comisión de Festas de Parada inaugura "Os andares do porco".
A tradicional tempada da matanza do porco será inaugurada cunha festa gastronómica que por tres meses percorrerá as parroquias do concello de Nigrán. "Os andares do porco" é unha iniciativa das concellerías de Cultura, Turismo e Festexos que busca contribuír coa tarefa das comisións de festas parroquiais aportando unha exposición fotográfica sobre as faenas, carteis, invitacións, bandas de gaitas o dúos para amenizar as reunións.
Cun prezo cercan aos 15 euros, os visitantes poderán desgustar a carne de porco preparada de tódalas formas tradicionais: churrasco, cocido, lacón con grelo, empanada, nunha maratón onde cada comisión preparará o prato nunha especialidade.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL