O Centro Cultual A Merced da parroquia de Chaín (Gondomar), prepara no seu auditorio o Concerto de Panxoliñas que terá lugar o próximo sábado 18 de decembro ás 20 horas. A tal fin invita a nenas e nenos que queiran facer manualidades de Nadal para mañá domingo no Centro.
Axenda do Val Miñor
Inversa Teatro chega á Mostra de Teatro de Outono coa obra contemporánea “Kamouraska”
A programación da Mostra de Teatro de Outono do concello de Gondomar continúa esta fin de semana coa representación de Kamouraska, a cargo da compañía pontevedresa Inversa Teatro. A obra será o sábado, ás 22.00, no Auditorio Municipal Lois Tobío.
Magosto popular en Baiona
Mañá sábado, día 27, a partir das 18:30, celebrarase un magosto popular na Praza do Concello de Baiona. Haberá degustación de castañas e viño. Outro dos alicientes deste acto, aberto á participación veciñal, Javier Urquijo "Os Segredos" ofrecerá un concerto acústico.
O Mago Xacobe protagoniza o segundo espectáculo do Ciclo de Maxia de Gondomar
O mago compostelán Xacobe Sanz actuará este sábado 27 en Gondomar, dentro da II Mostra de Maxia, organizada pola Concellería de Cultura. “Ilusións Máxicas”, o nome do seu espectáculo, combina toda a fantasía da maxia coa frescura da improvisación teatral. Trátase dun espectáculo humorístico de intriga, evasións, adiviñanzas, revelacións e algunha que outra levitación. A interacción co público é un dos puntos fortes da súa proposta. A combinación des distintas vertentes da maxia dá coma resultado un espectáculo ideal para toda a familia.
A Concellería de Igualdade proxecta a película “Antonia” en conmemoración do 25 de novembro.
A Concellería de Igualdade do Concello de Gondomar, en conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, proxectará a película “Antonia” de Marleen Gorris, premiada co Oscar á mellor película estranxeira no ano 1996, o día 26 de novembro ás 20.00 horas, na Casa da Cultura. O remate da proxección haberá un coloquio.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL