Hoxe domingo terá lugar a terceira edición da Ruta Motera de Papa Noeis, na que o ano pasado participaron máis de 180 moteros chegados de diversos puntos de Galicia e Portugal. Os papa noeis motorizados sairá ás 16.00 horas da Praia de Santa Marta, en Baiona, e partirá cara á Nigrán. Baixarán por Panxón e tomarán rumbo a Gondomar. Os papa noeis chegarán á vila entorno ás 17.30 horas. No percorrido distribuirán máis de 400 kilos de caramelos.
Axenda do Val Miñor
Bo teatro feito en casa: A Escola de teatro de Gondomar estrea “A Illa Amarela”.
A Escola de teatro do Concello de Gondomar, coordinada desde a OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil), estreará o domingo 19 de decembro, ás 19.00 horas, a súa primeira obra. Trátase de “A Illa Amarela”. A obra, baseada no texto orixinal de Paloma Pedrero, está dirixida por Marta Crespo, a profesora da escola. O elenco está formado por nenos de entre 12 e 18 anos.
Morgadáns, o andar da pedra.
A Asociación Cultural San Roque de Morgadáns, coa colaboración do Instituto de Estudos Miñoranos, editou un libro de fotografías antigas ilustradas con textos baixo o título de Morgadáns, o andar da pedra.
A presentación do mesmo será hoxe sábado, 18 de decembro, ás 19.30h no local da Asociación Cultural San Roque, no Torreiro de San Roque en Morgadáns.
Durante dous anos a Asociación Cultural San Roque de Morgadáns recolleu entre os veciños da parroquia preto de 500 fotografías que abranguen dende o remate do século XIX ata mediados do século XX. No seu momento organizaron unha exposición de aproximadamente 40 reproducións, en papel, mentres que a totalidade se proxectaban en formato dixital.
O IGADI convoca para unha Homenaxe a Fernando Pérez-Barreiro Nolla o próximo 7 de xaneiro.
O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), convoca para o venres 7 de xaneiro de 2011, ás 20:00 horas no Hotel Bahía de Baiona, un acto cívico en memoria de Fernando Pérez-Barreiro Nolla (Ferrol, 1931-Lancaster, 2010), quen fora membro do Consello Asesor do IGADI. Fernando Pérez-Barreiro Nolla foi galardoado polo Consello da Xunta de Galicia coa Medalla Castelao 2009, que premia a obra humana, artística ou cultural.
Alberto Lema na Biblioteca de Gondomar.
Como tódolos meses o club de lectura Sete Vidas reúnese para compartir e debater as obras literarias clásicas e novas escritas en lingua galega. O próximo martes 14 de decembro tocará quenda ao escritor nado en Bamiro (1975) Alberto Lema. Ás 20 horas os membros do club compartirán experiencias e comentarios sobre a lectura da novela de Lema "Unha puta percorre Europa". Unha hora despois, o autor dialogará coas persoas presentes. A xuntanza é na Biblioteca de Gondomar no primeiro andar da Casa da Cultura do devandito concello.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL