Sábado, 5 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

O Colectivo Berra Val Miñor organiza CAMOS VOLVE A MOLAR!!

Correo-e Imprimir PDF

camos-volve-a-molarO próximo mércores 29 de decembro o Colectivo Berra Val Miñor organiza "Camos volve a Molar!!",  unha xornada de lecer no Centro Cultural de Camos “A Camoesa”. A partir das 20.30 horas terá lugar unha actuación de TEATRO DE SOMBRAS CHINESCAS, que deleitará ós mais pequenos e, porque non, tamén ós maiores. Á noitiña, sobre as 23.00 horas. a música tomará o auditorio do C.C. A CAMOESA nunha "xornada musical aberta", unha xuntanza de músicos miñoranos que improvisarán sobre o escenario ata que “o corpo aguante”.

“Osofete”, proposta teatral para nenos no Auditorio Luis Tobío de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

monecos_OSOFETEAs actividades culturais de Nadal, organizadas pola Concellería de Cultura do Concello de Gondomar, continuarán mañá martes 28 de decembro coa representación de “Osofete”, da compañía santiaguesa Tirititempo. A función será ás 18.00 no Auditorio Municipal Lois Tobío. As entradas serán a 2.5 euros, e venderanse desde unha hora antes na taquilla do Auditorio.

I Exposición de Artistas Miñoranos 2010

Correo-e Imprimir PDF

Triptico-I-Exposicin-Artistas-Mioranos-2010-1Hoxe xoves 23 de decembro inaugúrase a I Exposición de Artistas Miñoranos 2010, na primeira planta do Centro da Terceira Idade da Ramallosa, fronte ao cine Imperial. A exposición colectiva e multidisciplinar, organizada en colaboración cos Concellos de Nigrán e de Gondomar, conta con once artistas de diversos estilos e variadas técnicas pero cun punto en común: o Val Miñor. Esta iniciativa, liderada por tres mozos emprendedores de Nigrán, permanecerá aberta ao público ata o próximo 9 de xaneiro. Os horarios de apertura son de luns a domingo de 11 a 13.30 horas e de 16.30 a 20.30 horas.

Concerto de Nadal da Orquestra Sinfónica Infantil e Xuvenil de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

orquestra_sinfonica_infantil_xuvenil_NigranMañá mércores 22 de decembro dende as 20,00 horas no Centro Cultural do Torreiro de Priegue “Concerto de Nadal” a cargo das alumnas e alumnos da Orquestra Sinfónica Infantil e Xuvenil de Nigrán baixo a dirección de Miguel Ángel Quiñones Cabezón. O concerto e froito de moitos meses de ensaio no Colexio Público de Mallón, onde asisten nenas e nenos dende os sete aos quince anos. O espectáculo é libre.

Batman. Año 1 remata o ciclo 2010 do club Lecturas Debuxadas de Espazo Lectura.

Correo-e Imprimir PDF
BATMAN_AO_UNOOs amantes do comic terán a posibilidade de participar dunha sesión de lectura compartida dun clásico da banda deseñada: “Batman. Año 1” de Frank Miller e David Mazzuchelli. A cita é mañá martes 21 de decembro ás 20 horas co club Lecturas Debuxadas (Espazo Lectura) na Biblioteca de Gondomar (Casa da Cultura), a participación é libre e de balde.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL