Venres, 18 Oct. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Axenda Baiona prepara o IX Serán á Beira do Mar con pasarrúas e encontros musicais no parque da Palma.

Baiona prepara o IX Serán á Beira do Mar con pasarrúas e encontros musicais no parque da Palma.

Correo-e Imprimir PDF
seran baiona

Este sábado 25 de xuño terá lugar o IX Serán á Beira do Mar organizado pola Escola de Danza Vila de Baiona e a asociación cultural Seneira.

A actividade dará comezo ás 21 horas con pasarrúas polo casco vello de Baiona.

A partir das 22 horas hai un chamado para concentrarse no parque da Palma onde haberá música, bailes e sorteos de agasallos con chocolatada e postres de balde a media noite.

Apoian ACEBA e o Concello de Baiona.