Domingo, 15 Dec. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Axenda Gondomar quere superar as mil motos na V Concentración do Motoclub A Cento Cien.

Gondomar quere superar as mil motos na V Concentración do Motoclub A Cento Cien.

Correo-e Imprimir PDF
moteiros gondomar

O Concello de Gondomar, a través da Concellería de Deportes, e o Motoclub A Cento Cien organizan a V Concentración Moteira en Gondomar. Un evento de tres días, 17-18-29 de xuño, no que se convida a participar a todos os moteiros e moteiras e no que se pretende resaltar a Gondomar como punto de interese cultural e deportivo.

O evento dará comezo o día 17 ás 19:00h. coas inscricións dos participantes e outras actividades. O día seguinte faranse exhibicións de diferentes escolas moteiras e rutas polo Val Miñor. Para este día, 18, o alcalde de Gondomar convida a todos aqueles/as de espírito aventureiro a acudir á "Ruta das antorchas", que se fará ás 00:00 polo centro de Gondomar, e que pretende conmemorar os moteiros/moteiras falecidos nas estradas.

O último día tamén se farán rutas e unha entrega de premios ós participantes. A clausura do evento será ás 16:00 h.
Dende o Concello convidase á veciñanza a contaxiarse desta afección polas dúas rodas, e como declara o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, a "superar a barreira de máis de mil moteiros/as"