Venres, 18 Oct. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Axenda “Diario de un camino” o documental dunha peregrinación especial a Santiago se proxecta en Nigrán.

“Diario de un camino” o documental dunha peregrinación especial a Santiago se proxecta en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
diario camino film

O auditorio de Nigrán acolle o venres ás 20.30 horas a proxección do documental "Diario de un camino"

O filme narra como unha parella con diversidade funcional realiza o Camiño de Santiago dende Roncesvalles coa axuda do policia local Javier Pitillas

O Auditorio Municipal do Concello de Nigrán acolle este venres 17 ás 20.30 horas a proxección do documental 'Diario de un Camino", audiovisual que narra a peregrinación ata Santiago dunha parella con diversidade funcional acompañada polo policía local de Vigo Javier Pitillas. Ata agora, a peza so se proxectou en Vigo e Ourense e na súa estrea en Nigrán contará coa presenza de Pitillas (Premio ao Mérito Civil, Vigués Distinguido, Medalla Castelao e cabeza visible de DisCamino, proxecto que naceu precisamente para axudar a estas persoas a peregrinar a Santiago).

Producida e dirixida por Víctor Bello no verán de 2015 (produtora Beloke), trátase dunha historia chea de superación, de ganas de vivir e de amor. Diana Comesaña ten parálise cerebral e non pode camiñar e David Gil padece distrofia muscular dexenerativa que diminúe as súas capacidades físicas impedíndolle falar ou comer pola súa conta. Son parella e grazas a Pitillas animáronse a disfrutar dunha lúa de mel facendo o camiño entre Roncesvalles e Santiago. O documental achega á sociedade as dificultades ás que se enfronta este segmento da poboación ao tempo que a sensibiliza. Por outra banda, amosa un amor diferente ao que estamos acostumados a ver, un amor incondicional e desinteresado entre dúas persoas con capacidades distintas.