Venres, 18 Oct. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Axenda Charla informativa na AVV de Monteferro sobre os perigos dos herbicidas.

Charla informativa na AVV de Monteferro sobre os perigos dos herbicidas.

Correo-e Imprimir PDF

O Comando Ghichas segue adiante coa campaña de concienciación veciñal sobre o uso de herbicidas. Este sábado día 7, ás 19:00 organiza a terceira charla, impartida de novo polo Doutor en Bioloxía Cesar Lema. Nesta ocasión será na Asociación de Veciños de Monteferro (Praza Mestra Dona Manuela 4. Porqueira-Panxón).

Ao mesmo tempo que se imparten estas charlas infórmase aos veciños e veciñas sobre o "perigo do uso destes químicos que envelenan a terra e a auga" e das posibles alternativas aos mesmos mediante panfletos que se reparten polas caixas de correo dos distintos barrios rurais do Val Miñor.