Domingo, 22 Sep. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Axenda Presentación de “As últimas galerías” de Pepe Cáccamo en Gondomar

Presentación de “As últimas galerías” de Pepe Cáccamo en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
libro-caccamo

A libraría LIBRAIDA convídao a presentación do libro "As últimas galerías" (Editorial Galaxia), de Xosé María Álvarez Cáccamo . O acto celebrarase o martes, 29 de marzo ás 20:30 na libraría. Presenta o profesor Carlos Meixome
Contarase coa presenza do autor. A obra foi finalista do Premio Arcebispo San Clemente 2016.

Xosé María Álvarez Cáccamo naceu en Vigo en 1950. Estudou Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela e dende 1973 exerceu de profesor de Literatura en varios institutos de Galicia. Destaca como poeta, aínda que tamén publicou relatos breves, algunha peza teatral e textos para o público infantil.
A Librería Libraida atópase na rúa Rosalía de Castro, 13 – 36380 Gondomar (Pontevedra). T. 986 389 199 / Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo