Mércores, 21 Aug. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Axenda O Entroido de Nigrán queda aprazado para o venres 19 de febreiro.

O Entroido de Nigrán queda aprazado para o venres 19 de febreiro.

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Nigrán veuse na obriga de pospoñer de novo o desfile de Entroido ata o vindeiro venres 19 de febreiro por mor das malas condicións meteorolóxicas. Como novidade, a celebración realizarase pola noite, a partir das 21.30 horas, e á programación inicial engádese un peche de festa na praza do consistorio amenizado por un grupo musical.

As catorce agrupacións que participan no concurso percorrerán as rúas Telleira e Rosalía de Castro para concluír o seu paseo fronte ao novo edificio do Concello, onde actuarán ante o xurado. Este, composto por persoas de entidades culturais e veciñais alleas á comitiva, valorará a orixinalidade, o vestiario, a posta en escena e o número de membros de cada unha das comparsas.

Repartiranse un total de oito premios entre os participantes. A agrupación gañadora recibirá 600 euros, o segundo premio será de 500 euros, o terceiro de 400, o cuarto de 350 euros, o quinto, serán 300 euros, o sexto 250, o séptimo 200, o oitavo 150 e o noveno 100 euros.

.