A concellería de Cultura, Turismo, Igualdade e Xuventude do Concello de Nigrán organiza o vindeiro Mércores día 10 de Febreiro un obradoiro de galletas decoradas con fondant e motivos de San Valentín.
O lugar de realización será no restaurante Queimada, en Parada, e terá unha duración de 2 horas. Os alumnos aprenderán técnicas de manexo e moldeado de Fondant, de preparación da masa das galletas, e de decoración e de empaquetado das mesmas.
Ao finalizar o obradoiro entregaraselle aos participantes un diploma acreditativo do mesmo.
A cita será o Mércores 10 de Febreiro ás 18.00 h no restaurante Queimada, a actividade é gratuíta, tendo prioridade os empadroados en Nigrán.
Para inscribirse é necesario facelo chamando ao: 699232176, en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , ou no terceiro andar do edificio antigo do Concello, en horario de 10 a 14 h.