Unha novela de Manuel Janeiro para estrear 2016 no club de lectura Sete Vidas

Imprimir
janeiro 0026 rec1

Este martes 12 de xaneiro arranca o novo ano para o club de lectura Sete Vidas da asociación Espazo Lectura, que dedica a súa sesión mensual a comentar a novela O sexo masculino dos anxos, do autor Manuel Janeiro (nado en Madrid, namorado de Vigo e do Val Miñor nos veráns da infancia que pasou en Panxón, e residindo hoxe en Peitieiros-Gondomar).

Ademais de escritor, Janeiro é deseñador gráfico e fundador, xunto con Francisco Mantecón, do primeiro estudio de deseño gráfico de Galicia a finais dos setenta e é responsable de máis de 3.000 cubertas de libros de editoriais como Galaxia, Gredos, ou institucións como o Consello da Cultura Galega ou a Real Academia Galega.
A cita será na Biblioteca de Gondomar ás 20:00 horas.