Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Nigrán abre inscricións para participar das celebracións do Samaín no concello.

Nigrán abre inscricións para participar das celebracións do Samaín no concello.

Correo-e Imprimir PDF
Halloween1

A inscrición para o concurso de cabazas talladas estará aberta do 26 ao 29 de outubro

O Concello de Nigrán organiza con motivo do Samaín varias actividades destinadas aos nenos, así como un concurso de cabazas talladas. O programa desenvolverase o día 31 de outubro de 10:30 ás 19:00 no Auditorio Municipal e terá o seguinte contido:

10:30 a 13:30- Realizaranse catro obradoiros (elaboración de farois de Samaín, bolsas de truco ou trato, caretas infernais e cociña do terror). Paralelamente haberá maquillaxe e xogos variados. As inscricións para participar nestas actividades realizaranse previamente ao inicio da actividade.

Concurso de cabazas talladas destinado a persoas entre 5 e 17 anos, organizado en dúas categorías: de 5 a 11 anos e de 12 a 17. As cabazas serán expostas o día 31 de outubro no Auditorio Municipal. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse do luns 26 ao xoves 29 de outubro a través do teléfono 986383081, no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou nas instalacións da Oficina Municipal de Información Xuvenil (estrada pola vía 65, antiga estación do tranvía, Panxón). As bases poderán ser consultadas na páxina web www.nigran.org (Areas Municipais - Turismo,Xuventude e Igualdade – Documentación).

16:00 a 19:00 Exposición das cabazas talladas participantes no concurso

17:00 a 18:00 Teatro de títeres  coa obra “Barriga verde”.