Acto informativo do BNG de Nigrán sobre os recortes no novo hospital Álvaro Cunqueiro.

Imprimir
auditorio-nigran

Ante a problemática suscitada coa deficiente posta en marcha do novo hospital de Vigo, centro de referencia para os veciños de Nigrán en varias especialidades e hospital de referencia para moitos deles, o BNG de Nigrán vai realizar un acto informativo sobre os recortes no hospital.

Intervirán Antonia Hernández Cerviño, membro dunha plataforma de afectados; María Xosé Rodríguez, membro da xunta de persoal da área sanitaria de Vigo e Manuel González Moreira, membro de SOS Sanidade Pública.

O acto realizarase no Salón de Actos do Concello de Nigrán o mércores 7 de outubro, ás 20,30 horas e haberá unha quendade debate ó final das intervencións.