Venres, 18 Oct. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Axenda O Concello de Nigrán abre inscricións para unha ruta polos escenarios da Praia dos afogados.

O Concello de Nigrán abre inscricións para unha ruta polos escenarios da Praia dos afogados.

Correo-e Imprimir PDF
a praia afogados

Unha ruta guiada percorrerá durante hora e cuarto os puntos máis senlleiros da historia cuxo relato se desenrola maioritariamente en Panxón

Os interesados poden apuntarse dende o luns 5 ao venres 9 no 699232176 de 10.30 a 14.30 horas. Ao chegar ás 30 persoas non se aceptarán máis inscricións

O Concello de Nigrán celebra a estrea nos cines do filme de Gerardo Herrero ‘La Playa de los ahogados’ o próximo venres 9 de outubro cunha ruta interpretativa ao día seguinte polos lugares máis emblemáticos da novela escrita polo vigués Domingo Villar e na que se basea a película, localizada fundamentalmente en Nigrán (Panxón).

 A ruta terá lugar o próximo sábado día 10 ás 12.00 da mañá con saída do Porto de Panxón  e fará paradas na praia da Madorra, Templo Votivo de Panxón, Arco visigótico ou no bar preferido de Leo Caldas, protagonista da novela.

 O tempo de duración é dunha hora e cuarto aproximadamente cun percorrido curto, non superior aos 500 metros, xa que se trata dunha ruta interpretativa e non de sendeirismo preparada especialmente por un guía que relatará os escenarios do aclamado best-seller co mesmo título da longametraxe. Os interesados en participar deben inscribirse entre o luns 5 e o venres 9 no 699232176 de 9.30 a 14.30 horas. As inscricións pecharanse ao chegar as 30 persoas.

A rodaxe do filme protagonizado por Carmelo Gómez tivo lugar en maio do ano pasado en diferentes localizacións de Nigrán, fundamentalmente no porto de Panxón, praia da Madorra e Monteferro, levantando gran interese  entre os veciños, xa que preto de 2.000 persoas se presentaron ao casting para cubrir os 600 figurantes requiridos. Aínda que o pre-estreno foi en Vigo esta semana, non chegará ás salas de ata o vindeiro venres 9. “Nigrán chegará ás pantallas de cines de toda España e non cabe dúbida de que se trata dunha oportunidade magnífica que dará a coñecer o municipio no exterior e que hai que aproveitar”, destaca o alcalde, Juan González.

A novela (e polo tanto o filme) relata a investigación policial sobre a morte dun mariñeiro de Panxón, cuxo cadáver aparece na Madorra. Xunto ao gran proagonista Carmelo Gómez (da vida a Leo Caldas) traballan artistas galegos como Luis Zahera, Celia Freijeiro, Marta Larralde, Tamar Novás, Celso Bugallo, Pedro Alonso ou Carlos Blanco. O director Gerardo Herrero é autor de exitosos filmes como Territorio Comanche, Heroína o Malena es un nombre de tango