Luns, 4 Dec. 2023

Actualizado07:21:59 AM GMT

Estás en Canais Axenda Nigrán abre inscricións para 5 sesións no balneario Talaso Atlántico de Oia con subvención parcial.

Nigrán abre inscricións para 5 sesións no balneario Talaso Atlántico de Oia con subvención parcial.

Correo-e Imprimir PDF
talaso oia

O Concello de Nigrán informa que a Deputación Provincial de Pontevedra convoca á segunda edición do Programa Diúrno de Balnearios "Coidarte 2015".

O programa consiste na asistencia cinco tardes seguidas dunha mesma semana no balneario Talaso Atlántico de Oia, facendo uso das súas instalacións e regresando diariamente a casa en autobús.

As persoas beneficiarias poderán gozar dunha serie de servizos durante unha media de 2 horas ao día. O programa está dirixido a persoas maiores de 50 anos e pensionistas que acrediten a súa necesidade.

A actividade está parcialmente financiada polo Concello de Nigrán e Deputación, abonando o usuario 60 euros.

O prazo de presentación de solicitudes é do 16 de setembro ao 5 de outubro. Os interesados poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais de Nigrán os martes e xoves solicitando cita previa no teléfono 98636500, extensión 4.