Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O Concello de Nigrán organiza unha excursión a Termatalia

O Concello de Nigrán organiza unha excursión a Termatalia

Correo-e Imprimir PDF
termatalia

O Concello de Nigrán organiza unha nova excursión a Termatalia, a Feira Internacional de Turismo Termal, Termalismo, Talasoterapia e Spa en Ourense, o 26 de setembro. A excursión partirá ás 10,00 horas dende a Oficina de Turismo Dunas de Gaifar, en Panxón, para chegar ás 11.00 a Ourense.

Esta inclúe transporte, visita turística de Ourense, xantar nun restaurante próximo ao recinto feiral ás 14.00 horas e paseo por Termatalia, todo por 10 euros por persoa. A hora de regreso será ás 19.00 horas.

Máis información e inscricións na Oficina de Turismo Dunas de Gaifar, en Panxón, ou no teléfono 986 36 87 34. Teñen preferencia as persoas empadroadas en Nigrán.