Mércores, 6 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Curso de cestería en palla de centeo na parroquia de Chandebrito

Curso de cestería en palla de centeo na parroquia de Chandebrito

Correo-e Imprimir PDF
cesteria-chandebrito

A Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807", consciente do éxito obtido noutras edicións realizadas e co fin de recuperar e poñer en valor un dos oficios tradicionais máis antigos, convoca para esta nova tempada 2015/2016 un curso de cestería tradicional, denominado "Cestería en palla de centeo (III"), coas seguintes características:
-Técnica: cosido en espiral con palla de centeo.

-Elaboración de cestos que conteñan grans e sementes.
-Impartido por Rubén Berto Covelo (Vigo), mestre cesteiro artesán.
-Ferramentas que deberá levar o alumnado: navalla e punzón.
-Lugar: escola infantil de Chandebrito (rúa da igrexa, 2).
-Datas: tódolos luns dende o 5 de outubro de 2015 ata o 28 de decembro de 2015 (ambos incluídos) (12 sesións).
-Horario: de 18.00 a a 20.30 h. (2,5 horas semanais).
-Nº participantes: un mínimo de 8 – e un máximo de 12 .
-Máis información e inscricións: ata o dia 30 de setembro, na páxina web chandebrito1807.blogspot.com , a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono 667380223.