Nigrán despide a programación de zumba na praia mañá xoves cunha gran clase fin de curso

Imprimir
ZUMBA900

Tras dous meses de realizar con gran éxito a actividade de zumba en praia América, o Concello de Nigrán xunto a colaboración de Toni Pilates organiza mañá xoves ás 19.30 horas unha gran clase fin de curso que porá o broche de ouro á tempada.

Será unha sesión moi especial, de unha hora de duración e chea de sorpresas. A gran asistencia ás clases, dirixidas por monitores especializados, motivou que en agosto se ampliase aos cinco días da semana.

Agora o Concello e Toni Pilates queren premiar con esta gran clase a fidelidade dos alumnos, que coa súa vitalidade encheron de sorrisos e bo ambiente Praia América.