Luis Espada Recarey falará do “Tango gardeliano” no ciclo de conferencias de Baiona.

Imprimir
carlos-gardel1

Este  xoves a Capitanía Marítima de Baiona acolle unha conferencia baixo o título "El tango gardeliano. Poesía, amor desesperado, filosofía de la vida" na que se analizarán as letras dos tangos a partir dos seus creadores. A conferencia dará inicio ás 20:30 horas.

O conferenciante Luis Espada Recarey é Dotor en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela e en Química Aplicada pola Universidade de Manchester.

O ciclo está coordinado polo profesor Antonio Piñeiro e a Concellería de Cultura de Baiona