A Casa Colorida bota andar un Ciclo de Cinema todos os mércores en #Nigrán.

Imprimir
margarita

Todos os mércores ás 21:30 horas a Casa Colorida presentará títulos cinematográficos nun ciclo de cinema de boa calidade. Con entrada libre, simplemente achegándose á Rúa Rosalía de Castro Nº16.
O primeiro pase será El Espejo (URSS, 1975), un clásico do surrealismo ruso do director Andrei Tarkovsky.

Sinopse
O tempo alernáse e as xeracións fúndense a medida que unha extraordinaria actriz (Margarita Terekhova) interpreta á ex-esposa do narrador e a súa nai a un tempo.
Os recordos de Tarkovsky, así como os da súa nai, entremézclanse en imaxes escuras, suntuosas e oníricas de unha Rusia próxima á Segunda Guerra Mundial. Todo acompañado da voz do pai de Tarkovsky lendo a súa propia poesía elexíaca.
O espectáculo da natureza e a súa presenza ubicua e eternamente mutante é capturada pola cámara do director como un puro acto de maxia.
Ficha
Título orixinal: Zerkalo
Ano: 1975
Duración : 107 min.
País: Unión Soviética (URSS)
Director: Andrei Tarkovsky
Guión: Andrei Tarkovsky & Alesandr Misharin
Música: Eduard Nikolay Artemiev (AKA Edward Artemyev)
Fotografía: Georgi Rerberg
Reparto: Margarita Terekhova, Philip Yankovsky, Ignat Daniltsev, Oleg Yankovskiy, Nikolai Grinko, Alla Demidova, Innokenti Smoktunovsky, Anatoly Solonitsyn
Productora: Mosfilm Studios