Aberto o prazo para matricularse na Escola de Música de Belesar.

Imprimir
curso banda belesar

A Escola de Música da Agrupación Musical de Belesar vai comezar o curso 2015-16 e infórma que está aberto o prazo de matrícula en tódalas especialidades que ofrece.

Modalidades:

Xardín Musical: trátase dunha actividade lúdico-musical dirixida aos nenos de 3 a 6 anos. A súa finalidade é mostrarlle aos cativos os primeiros rudimentos da música a través de múltiples facetas: danza, canto, pintura... (1 hora semanal)

Linguaxe Musical: se o neno ten de 7 anos en diante, esta actividade proporcionaralle o marco teórico necesario para a interpretación dun instrumento musical. Nesta materia aprenderá teoría, solfexo, entonación, recoñecemento auditivo de diferentes aspectos musicais... todo en 5 cursos con diferentes niveis. (1 hora e cuarto semanal)

 

Linguaxe Musical para adultos: actividade cun horario adaptado aos maiores e cos contidos necesarios para poder ser autónomo á hora de tocar un instrumento musical. (1 hora semanal)
Instrumento: a Escola de Música ofrece as seguintes especialidades, todas elas impartidas por profesores titulados.
Frauta travesa, saxofón, percusión, clarinete, trompeta, fliscorno, bombardino, trompa, trombón e tuba.

A Escola de Música de Belesar impulsa tanto as clases individuais como a práctica colectiva dos alumnos que están aprendendo e por iso os alumnos terán semanalmente 30 minutos de clase individual e 1 hora de clase colectiva do propio instrumento.

Banda da Escola: outra forma de fomentar a práctica colectiva desde o inicio é a integración á Banda da Escola. Unha banda de música formada por nenos e adultos que están comezando os seus estudos na escola. O seu obxectivo é manter a motivación por tocar e promóvense varias actuacións ao largo do ano para que os alumnos toquen en público.
Serve de trampolín para entrar na Agrupación Musical de Belesar
1 hora e cuarto semanal.

Gaita e música tradicional: nesta actividade aprenderase a tocar un instrumento e repertorio da música galega principalmente. Non é imprescindible ter coñecementos teóricos para asistir. ( 1 hora e 45 minutos semanal)

Guitarra: fomentando a practica grupal nace esta actividade na que tampouco é imprescindible ter coñecementos teóricos para participar. Hai 2 grupos diferentes para diferentes idades. ( 1 hora semanal)

Para inscribirse ou saber máis acerca da escola pódese contactar o teléfono: 638 172 366 ou o correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Â