Concerto acústico de Cosade2 con clásicos do pop-rock ás beiras do areal de Patos #Nigrán.

Imprimir
cosade2

Cosade2 ofrecerá unha sedutora mestura de sons con versións propias de temas clásicos de bandas como The Beatles, Credence, Leo Sayer, U2, Queen, ou solistas como Miguel Rios, e Luz Casal entre outros. A cita é este sábado 8 de agosto ás 22:30 horas na terraza do Sunset Bar Patos con entrada de balde.

O dúo acústico Cosade2 nace en xuño de 2013. Está formado por dous grandes apaixonados da música; Eire Garcia (vocalista),ligada desde a infancia ao mundo musical,gran amante dos clásicos cos que creceu e á que lle gusta descubrir novos sons; a segunda metade do dúo é Toño Trigo (guitarrista,arreglista,coros),músico desde a infancia e perfeccionista coa guitarra o que fai que Cosade2 soe dunha forma característica....sinxela e contundente...e con paixón