#AxendaVM Última oportunidade para ver a Iván Ferreiro, hoxe en Nigrán

Imprimir
ivanferrerirolivetherrof

Logo da actuación desta semán con Leiva en "El Náutico de San Vicente" no Grove, Iván Ferreiro volve a "xogar en casa" e ofrecerá un concerto en acústico este xoves 6 de agosto ás 21 horas no Pazo de Cea. O concerto será unha ocasión para repasar a discografía deste músico miñorano con proxección internacional. E quen sabe, igual Leiva aínda anda pola zona.

As entradas poden adquirirse en ticketea e en puntos físicos como Albatros e o Pénjamo a un prezo de 10 €.