A Carrasca celebrará a V Festa Gastronómica de Ovos con Chourizo

Imprimir
a carrasca

O Concello de Nigrán colabora coa celebración da "V Festa Gastronómica dos Ovos con Chourizo" que se celebra mañá venres dende as 21.30 horas no CCD Bolos da Carrasca, que conclúe mediante este evento a súa semana cultural.

A celebración contará coas gaitas e pandeireteiras Ardelume de Baiña (Baiona), así como a actuación do acordeonista Urbano.