Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Cinema na rúa, ofrece “Ocho apellidos vascos” no Parque da Coelleira en #Gondomar

Cinema na rúa, ofrece “Ocho apellidos vascos” no Parque da Coelleira en #Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
8vascos

O ciclo Cinema na Rúa en Gondomar ofrecerá este martes 4 de agosto unha proxección para todo público no Parque da Coelleira. A función dará comezo ás 22:30 horas coa proxección do filme "Ocho apellidos vascos". Película española dirixida por Emilio Martínez-Lázaro, con guión de Borja Cobeaga e Diego San José, protagonizada por Clara Lago, Dani Rovira, Carmen Machi e Karra Elejalde.


Sinopse
Rafa (Dani Rovira) é un novo señorito andaluz que non tivera que saír xamais do seu Sevilla natal para conseguir o único que lle importa na vida: o Betis e as mulleres. Todo cambia cando coñece unha muller que se resiste aos seus encantos: é Amaia (Clara Lago), unha moza vasca. Decidido a conquistala, trasládase a unha vila das Vascongadas, onde se fai pasar por vasco para vencer a súa resistencia. Adopta o nome de Antxon e varios apelidos vascos: Arguiñano, Igartiburu, Erentxun, Gabilondo, Urdangarín, Otegi, Zubizarreta... e Clemente.
Dim lights Embed Embed this video on your site